27 de xan. de 2012

OUTRO VÍCTIMA MÁIS DE ENCHUFISMO GALOPANTE NO CONCELLO DE CAMBADOS. LORENA VARELA LEVA A ARAGUNDE O XULGADO.

A exdirectora do Conservatorio acudirá á xustiza para recuperar a súa praza de profesora. Non deixa de ser víctima do enchuifismo que padece o Concello de Cambados, que por poper a xente afin o  PP a traballar botan fora a quen sea sen respetar os seus dereitos, imos ter un caso parecido o do Xefe da Policia Local Maximino Cid.
"Quixéronme borrar dun plumazo tras nove anos dedicada ao ensino musical para o Concello". Así se sente Lorena Varela, a profesora 
de piano e linguaxe musical que dirixiu o Conservatorio durante 5 anos. Considera que intentaron botala pouco a pouco, restándolle autoridade nos últimos anos ata que no proceso selectivo de 2011 "quedou fóra por culpa da entrevista persoal a pesar de superar de sobra"a outra aspirante en canto a baremación curricular", asegura. 
Lorena Varela
Cre que a decisión non respondeu a criterios obxectivos e tiña como único fin botala. De feito, impugnou a praza e afirma que proximamente interpoñerá un recurso ante o xulgado do contencioso administrativo para recuperala.
Varela chegou á capital do albariño hai 13 anos para traballar nunha escola de música privada ata que en 2002 se creou a Escola de Música Municipal e entrou a formar parte do seu equipo. "Aínda non estaba o Auditorio, dabamos clase onde podiamos, no Magariños no Cabanillas,". Dous anos despois (2004) naceu o Conservatorio Municipal de Música e tras superar o concurso oposición logrou a praza de directora e profesora de piano e linguaxe musical.

José Bugallo Senrra
Segundo ela, ostentou o cargo directivo ata 2009 e "todo ía ben" pero ese ano perdeu o posto por Luis Aragunde nomeou a José Bugallo Senra, actual director da Banda de Música de Castrelo,   e entón Lorena pasou a ser secretaria ata que no curso 2010/2011 quedou unicamente como docente, e en verán do ano pasado se volveu presentar ao concurso para renovar o seu posto de ensino de piano e linguaxe musical.

Varela explicou que resultou segunda tras ser descualificada na entrevista persoal. Un proceso que, segundo ela, non foi limpo. Para empezar explicou que o tribunal tiña máis membros do habitual "é coma se necesitasen máis persoas para botar abaixo a miña entrevista, e seino porque como directora formei parte de anteriores probas, como profesional sen voto", explicou. Ademais, fixéronlle preguntas tales como "como daría unha clase ou se sabía onde ía traballar... Imos de risa porque levaba nove anos no Conservatorio".

Puntuación.

Audot
Nesta mesma liña, asegura esta pontevedresa que respondeu correctamente, tanto nomeando os seus proxectos como o regulamento do centro. "Non obstante, déronme 15 puntos e ao actual titular da praza 26 ou 27, non recordo exactamente. A proba era sobre 30 así que tiña que darllo máis porque eu xa tiña 10 puntos na baremación curricular porque tiña máis experiencia persoal", manifestou.

Estaba tan seguro das súas calidades que cando soubo que perdera a praza e quedaba segunda "me sorprendín". Mesmo falou co alcalde,Luis Aragunde, "ata en tres ocasións" ata que asumiu o sucedido e impugnou porque "non me daba solución e se ía esgotar o prazo de reclamacións", explicou.

Lorena Varela impugnou a praza e esperou pacientemente, obtendo como única resposta unha carta do Concello onde lle pedía que, como seguinte na lista, debía cubrir a baixa da profesora titular. Non obstante, o documento remitido en novembro carecía de datas e duración da substitución e, asegura, tampouco contestaron cando preguntou por escrito. Pouco despois, por mediación dos alumnos cos que, afirma, mantén boa relación, decatouse de que "estivo case un mes sen dar clase por baixa médica e un permiso por matrimonio. Así que cometeron unha irregularidade ao incumprir o proceso regulamentario porque tiñan que terme convocado".

Ante esa falta de resposta que denuncia entende que impera o silencio administrativo pero a súa avogada xa prepara unha denuncia ante a xustiza, eu dende logo aconsellarialle a letrada de Lorena que non fora só pola via administrativa que fora tamén pola via penal porque a min neste caso cheirame a prevaricación coma un templo.


          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: