5 de abr. de 2012

CAMBADOS MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DO “PARO”

Está claro, eles mesmo o din, que o paro vai  aumentar co PP neste ano e probablemente no que van estamos nunha situación límite  na que o PP , botando balóns fora, é o total resposabel deste situación. Nos orzamentos a nivel estatal vemos que hai recortes en todos os Ministerios menos no de de defensa onde varios ministros teñen intereses creados. Namentras o noso Alcalde consegue un merecida medalla de broce no camiponato do “paro” en Arousa. Ate os seus propios “enchufados” están a visitar a oficina de emprego, xa sabemos todos en Cambados como funciona o efecto “rotación” sobre interventores e apoderados “peperos”. Nementres o paro aumenta en 119 persoas no Salnés esporeado pola destrución de
emprego en Vilagarcía onde ínclito folo ia arreglar todo. 
Pero o alza no desemprego no Salnés non se limitou só a Vilagarcía de Arousa. Así, en Cambados rexistráronse en marzo 41 novos parados, en Vilanova 17, na Illa, 16 e en Ribadumia foron 14 os novos desempregados.
En números totais, e logo de Vilagarcía, o municipio saliniense cun maior número de parados é Sanxenxo (1.832 persoas), seguido de Cambados, con 1.705 e O Grove, con 1.423. No concello de Vilanova hai 1.240 persoas rexistradas nas oficinas de emprego, en Meaño 675 e en Ribadumia 645. Meis, con 575 e A Illa de Arousa, con 444, pechan a lista.
En tan só tres meses, O Salnés rexistrou 758 novos parados, pasando dos 12.764 desempregados a 1 de xaneiro aos 13.522 a 31 de marzo. Un ritmo de case nove novos parados cada día no primeiro trimestre do ano nesta comarca arousá.
E outro dato preocupante é que un de cada dez desempregados no Salnés ten menos de 25 anos de idade, o que pon de relevo a falta de perspectivas laborais e de esperanza para unha parte importante da mocidade arousá. Grazas Partido Popular por tan grande mérito, o carallo é que ainda hai moitos “elementos” que  seguen a votar a este lamentabel partido. “Mexan por nos e dicimos que chove”.
                   
                                      
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: