18 de abr. de 2012

LINO SILVA EXPÓN NA CORUÑA

O afamado pintor cambadés Lino Silva está a exponer parte da súa obra  na Coruña, concretamente na Taberna “O´Secreto” sita na Rua Alameda 18. Nesta exposición presentase a producción máis recente e innovadora do artista cambadés. Iniciase con ela unha nova etapa para o pintor. Bufóns, pallasos, pantasmas, sombras e demais seres estranos forman o elenco de personaxes protagonistas. É o momento, se cadra, máis persoal e intimista do artista. Atopanse sentimentos fondos pero tamén irónicos, momentos burlescos e situacións desafiantes. É Lino Silva en estado puro.
Para os que saiban da súa trayectoria artística e
persoal non caerán en balde estes novos faceres de Lino. Xa traia de atrás formas e maneiras que deixaban ventar este momento. 
A pesar de ser un gran pintor de paisaxes, escenas costumistas ou personaxes sempre “pecou” destes “remalazos” que agora recollemos nesta mostra. Así, en momentos puntuais da súa vida, o pintor deixábase levar en certa medida polos gustos dos seus clientes (comer, e beber, témolo que facer todos os días) pero na actualidade racha con todo; pon a disposición do visitante  a súa alma, as inquedanzas más profundas e persoais que conviven no seu propio universo. É como un gran espido conceptual.
Os cadros e as súas figuras trasládanos a mundos imaginarios, fantásticos, irreais e sinistros. Os personaxes, distorsionados e escaecidos, destacan máis polas cores e formas grotescas que pola súa figura. É como si a pintura de Lino evolucionara dende a figuración á abstracción dunha forma pausada pero cunha razón de ser. Os contornos van deixando paso a pinceladas lixeiras, case fugaces, que siluetean os personaxes e os boxectos. A cor adquire un protagonismo único, case principal; é capaz de reflectir sensacións estrañas e desacougos interiores. Como di Lino “ a pintura, a arte, ten que sair da alma”. Pois da ai saen ás súas obras.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: