9 de abr. de 2012

O VINDEIRO VENRES INAUGURACIÓN DE “LUCES NO MUNDO” DE ANXO RIAL NO PAZO DE TORRADO.

Luces  do mundo é o título da exposición do xornalista e fotógrafo vigués, Anxo Rial, que a partires do vindeiro venres 13 de abrtil as 20.00  podese visitar no Pazo de Torrado de Cambados.
Unha serie de fotografías que invita a viaxar, xa que a sala, situada na  primeira planta do edificio, está ateigada de imaxes de distintos lugares do mundo. Empezando por
Galicia, seguindo cara a Europa e con paradas en distintos países dos cinco continentes, para rematar, finalmente, en Cambados. Anxo é un tipo envidiado  pola sorte que tivo de poder estar en todos estes magníficos lugares, e fachenda de atopar algúns nos alguns de vos poidechedes estar.
Anxo Rial
Do autor, din que máis alá de limitarse a documentar gráficamente un espazo, unha paisaxe ou unhas xentes, mostra unha característica maneira de ver e capturar o que se mostra ante el. Amosou perspectivas que nunca vira de lugares que se  a cotío, como pode ser a igrexa da Peregrina de Pontevedra ou a Praza de Fefiñans.
Imaxes espectaculares, curiosas, diferentes, graciosas… a pesar de ser pequenos cachos do mundo moi diferentes, todas elas comparten algo máis que autor e un espazo común onde exhibirse, e é a serenidade e tranquilidade que transmiten ao espectador.
A entrada é de balde, algo que tamén se agradece nestes tempos de crise. 
Máis información
¿Onde? No Pazo de Torrado de Cambados.
Dende cado se pode visitar? A partires do 13 de Abril.
Prezo: De balde
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: