25 de maio de 2012

CAMBADOS NO RECORDO: EVOCAZÓN DE CAMBADOS

Moitas vilas e aldeias de Galiza teño parcorrido e moitas ainda sonme descoñecidas. Unha das vilas que non visitei ata o d´agora é Cambados. E noustante tencionei ire ali varias vegadas; mais diversas cousas e circunstancias impediromo. Porén non perdo as esperanzas de me achegar a ela calquera día.
Chámame o meu anceio de ver pol-os meus ollos todol-os logares, todol-os currunchos da terra amada, e escoitar as diversas formas caraiterísticas que ten en cada bisbarra a
nosa fala. Chámame ali tamén as verbas que un poeta cambadés –o mais grande valor da poesia autual da Galiza-, Cabanillas, pon ao fronte do seu libro de poemas VENTO MAREIRO: A ti, meu Cambados, probe e fidalgo soñador, que ô cantareiro son dos pinales e ó agarimo dos teus pazos lexendarios dormes deitado ó sol, á veira do mar…

Esta xinsela e sentida adicatoria ten para min un atritivo especial. Maximo a vila lexendaria estendéndose pol-a veira mar, coas suas casiñas brancas que van medrando ano tras ano d´arredor dos belos e señoriaes pazos de Fefiñans e Santomé. A vila é leda e limpa; parés unha d´esasmozas galegas espilidas e fanchoeiras que deitaba na ribeira ô sòma dos pinos mergulla os peiños enredadores nas augas do rio.


Lembrame de Cambados outro seu fillo ilustre, tamén con esprito de poeta Asorey, que en vez de versos crea figuras encantadoras que a súa gubia fai xurdir de toros informes de madeira c´unha arte non menor que a de Cabanillas: “Picariña”, a nai  que de xeonllos fai a sua “Ofrenda a San Ramon”, para que lle depare unha boa hora; aquela “Santa muller galega”…
¿Qué ten ese Cambados fecundo que taes fillos aluma?. O febril esculcador das grorias da sua terra, o bon amigo Caamaño ¿poderia decilo?...
Eu hei d´ire ver se hai algo nas suas augas, nas suas veigas, nos pinales -¡Pinal de Tragove! Cantado por Cabanillas- ou quizaves nos ares que bican a vila, ou nos ceos que a agariman, ou ainda nos largacios hourizontes, que contribuen para que imaxinazon das suas xentes s´espanda libremente nos espazos infindos. Poida que a beleza  da paisaxe xurdir no maxín outras belezas parellas que toman corpo en fermosas pesías, en tallas maníficas, en diversas formas artísticas sempre enmeigadoras.
Sômente así pódese un espricare frases como aquelas do “Soño dourado”:
Quero na lousa que me dé sosego
Esta palabra que ten luz: Galego
A esta palabra que ten âs: Poeta.
Cambados e unha pequena vila que crea grandes homes.
LEANDRO CARRE

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 31 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Uxío Carré Aldao. No ámbito teatral dirixiu os grupos de teatros dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a Escola Dramática Galega e fundou a editorial Lar en 1924, foi mebro do Seminario de Estudos Galegos. En 1945 ingresou na Real Academia Galega. No ano 2006 Alvarellos Editora publicou Obra inédita e esquecida, con obras escritas en 1915 e 1972.
 PD,. Nota respetouse o galego empregado polo autor do artigo.       
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: