7 de maio de 2012

PRESENTACIÓN DO LIBRO "PARA DESPOIS DO SILENCIO" (REPÚBLICA E GUERRA CIVIL NO CONCELLO DE MEIS)

“Para despois do silencio"  é o libro que asina o profesor Mario Gallego Rei, xunto Celso Xavier Millerio Sánchez e Xosé Manuel Moreira Docampo presentarase  o día 26 de maio no Multiusos de Mosteiro, Meis. O libro é unha contribución á historia de Meis no período comprendido entre a II República e a Guerra Civil. Edita Ir Indo.
A Mario Galego Rei coñécelle todo o mundo en Meis por “don Mario”, tal é o respecto e admiración que esperta. A paixón coa que afronta as súas clases de Ciencias Sociais ou Lingua Galega ou a escritura dos seus libros de historia e etnografía alaga tamén a conversación con el. Mario Galego é un amante do pequeno, das marabillas que de cando en cando saen nos libros de texto pero que esconden unha rica historia interior de centos de anos. Por iso, escribiu sobre o encaixe galego e as súas técnicas transmitidas durante séculos de xeración en
xeración; sobre os muíños de río; ou sobre o escudo do Concello de Meis. publicou títulos como “Castelao por Meis”, “Os muíños do río Armenteira” “Xunto a Xosé Manuel Moreira”, “A historia do escudo de Meis” ou “Meis non camiño dás estrelas”.. 
Mario Gallego Rei
Galego Rei confesa que un dos seus grandes soños é publicar a historia de Meis, un concello que, sen ser o seu, el ama como propio. Fai unhas semanas, o Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción no Concello propondo que Galego Rei sexa declarado Fillo Predilecto e Cronista Oficial de Meis.




Celso Milleiro
Media ducia de persoas fan posible día a día o portal "meis.blogaliza.org". Unha páxina na que se repasa a actualidade municipal de Meis dende unha óptica próxima ó nacionalismo de esquerdas. Pero ademais, este blog estase convertendo nunha biblioteca na que é posible atopar reunidos un bo número de artigos sobre a historia local e a vida dalgúns dos veciños de Meis. Entre estos traballos figuran un sobre as estadías de Castelao no municipio; sobre a feira do gando do Mosteiro; sobre as sociedades agrarias do século XX; ou sobre a lenda do Santo Ero. Unha desas persoas e Celso Xavier Milleiro.






Xosé Manuel Moreira Docampo e autor entre outros do libro “Muiños no concello de Ribadumia"


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Chispa dixo...

Moitas grazas pola difusión do libro. Nel atoparedes moita información da historia de Cambados.