29/06/2012

AS MENTIRAS DUN ALCALDE PELELE OU COMO INTENTAR TRATAR A TODO UN POBO COMO IGNORANTES (POR RICARDO DOMINGUEZ REY)

      Despois de leer nos medios como discorreu  o pleno do pasado martes 26 de xuño onde se tratou o tema da estatua de Fraga, debo de dicir que non  acabo de saír  do meu asombro e, por outra parte, sígome a preguntar  como se pode seguir mentindo de forma tan miserable a todo un pobo.
      O alcalde segue tratando de convencernos de que  a idea
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ. partiu dun grupo de adegueiros e cosecheiros, iso si,   sen dar os  nomes deses homes tan agradecidos a Don Manuel ¿acaso teñen vergoña a que se sepa quenes son? ¿teñen medo a que os apedren pola calle?.
      Dende logo isto e a primeira vez que ocorre na historia  (e soamente podía ocorrer en Cambados);....... hasta ahora cando un goberno (municipal, autonómico ou estatal), empresa (pública ou privada), asociación ou calquera entidade en xeral,   quería facerlle unha homenaxe a unha persoa, acontecemento histórico ou data significativa, seguíase unha serie de pautas mais ou menos establecidas : o primeiro facer público dita intención, seguidamente recadar ideas, opinións, suxerencias; a continuación, buscar financiación   , mais adiante elixir o lugar onde se instalará dita estatua ou que rúa será  a elixida para levar o nome e, finalmente, a inauguración.
      Pois ben, como dicía anteriormente, case me atrevo a afirmar que  e  a primeira vez na historia da humanidade  que temos unha estatua, unha ubicación  e unha data aproximada de inauguración, e  (como na obra de Luigi Pirandello “seis persoaxes en busca de autor”) solo falta atopar a un promotor ou promotores que se responsabilicen da súa intención de levantala, alguén que diga : “a idea partiu de min,....  un esperpento total;  se non fose porque estamos a falar do honor, da reputación do pobo e da xente de CAMBADOS, seria para botarse a rir.
MIGUEL ANXO MARTINEZ
      Aínda que tamén cabe a posibilidade de que a idea partise do Sr. Alcalde, quizais por iso dos primeiros en ver a maqueta de tan controvertida estatua foron destacados membros do Partido Popular da zona, e, quen sabe,se son os verdadeiros promotores da escultura.  
      A continuación reproduzo  parte da  excelente entrevista que  Anxo  Martínez (en www.farodevigo.es), realizoulle o noso  sr. Alcalde, non ten perda porque da mesma se poden sacar interesantísimas conclusións que analizaremos a continuación:
     """ –¿Qué hará si en la concentración contra la estatua de Manuel Fraga se juntan cientos de personas?
      –La idea de poner esa escultura salió del sector. Fueron los viticultores y los bodegueros quienes nos lo pidieron. De hecho, se va a abrir una cuenta bancaria para que las personas que quieran puedan colaborar económicamente, y del ayuntamiento no va a salir ni un solo euro para la estatua. De hecho, tras toda esta polémica todavía han venido más bodegueros y productores a decirnos que quieren poner dinero.
      –Pero, con independencia de quién tenga razón, lo cierto es que se cometió un error de forma por su parte, porque vieron antes la maqueta personas del PP que no tienen nada que ver con el ayuntamiento, y los del BNG y el PSOE local ni siquiera sabían que existía.
      –Es cierto que llevé a algunas personas del PP a ver la maqueta, pero fue porque quería comenzar a gestionar alguna subvención. Se ha generado una polémica política injustificada. A los que están en contra les da lo mismo lo que se gaste. Pero esto no es algo del PP. El albariño no tiene ideología política. Estamos hablando de una persona que hizo mucho por el sector del albariño. Es un homenaje al Fraga que se emocionaba cada vez que venía aquí e iba a leer su discurso, no al Fraga político."""
      Por favor, perdoarme pola expresión pero ¡¡¡¡¡HAI QUE TER UNS COLLONS COMO OS DO CABALO DE ESPARTERO¡¡¡¡¡¡¡, como se pode contestar así e quedarse tan pancho, na miña vida vira tantas tonterias e tantas mentiras concentradas en tan pouco espazo, empecemos :
      “Estamos hablando de una persona que hizo mucho por el sector del albariño”.
      A pregunta está clara: ¿que foi o que fixo polo sector do albariño? Dende aquí reto o señor alcalde de CAMBADOS, a que presente un documento,soamente un documento,  en calquera soporte  xa sexa un discurso escrito, manifestación en prensa, radio televisión  etc. , loxicamente,  fora do entorno de Cambados e da súa festa, en calquera parte de Galicia, España ou do mundo onde alabe ou promocione o albariño, xa sei que  en Cambados realizou moitos discursos, normal, se a min e  a aos meus colegas nos invitasen, por exemplo, a Festa do Queixo de Arzúa, me fixesen a pelota o alcalde e os concelleiros, como fixeron con Fraga en Cambados, normal, que lles dedicase unhas palabras de agradecemento pero de iso a dicir que  fixo moito polo albariño xa e unha falacia. Fraga non fixo nada, repito, nada polo albariño, unicamente encher o bandullo a conta de bebelo.
      “Es un homenaje al Fraga que se emocionaba cada vez que venía aquí e iba a leer su discurso, no al Fraga político”
      Dicir isto soa tan ridículo, tan estúpido, tan bobo e como si mañan o alcalde de Londres  dedícalle unha estatua a Jack  “ O destripador”  pero aclara que vai dedicada o persoaxe que tanto promocionou o Londres victoriano, o Londres do século XIX, non ao  Jack asasino;  cando Fraga viña a Cambados viña con todas as súas circunstancias, con todo o seu pasado, Fraga foi presidente da Xunta pero tamén foi ministro de Franco, do cal nunca tivo o mais mínimo arrepentimento, ministro de un asasino comparable a Hitler, ministro dun militar golpista que derrocou un goberno democraticamente constituído, non me vale que o alcalde diga que cando Franco morreu el tiña catro anos, eu tiña cinco anos, pero molesteime en documentarme, aconséllolle sr. alcalde que visite a biblioteca municipal, esa que tantos cartos costou o  pobo de CAMBADOS e que seguramente non visita desde a inauguración, alí atopará bibliografía moi interesante do que representou o franquismo, e se quere hasta pódolle recomendar algún titulo.  
A CORRUPCIÓN TAMEN ESTA NOS CABALEIROS
DO ALBARIÑO
Ademais o propio alcalde   renega do pasado de Fraga cando di “no al Fraga político”  como si o quixese ocultar ou olvidar ese aspecto de Fraga, creo que  o subconsciente xogoulle unha  mala pasada. En canto o de “(.....) al Fraga que se emocionaba cada vez que venia aquí (.....)” , está claro que vamos a acabar chorando todos coas emocions de D. Manuel;  a min, sen embargo, o que me emociona e saber que mais de 70 anos despois, moitos segan a buscar  onde están enterrados o restos da súa familia, dos seus pais, dos seus abos, xente que o único delito que cometeu foi non pensar o mesmo que os correlixionarios de Fraga, e que por iso foron sacados das súas casas, de noite, pegáronlle un tiro na nuca e enterrados nun fosa común quen sabe onde, e vostede venme a falar dun Fraga emocionado ao leer un estúpido discurso.      
      “Es cierto que llevé a algunas personas del PP a ver la maqueta, pero fue porque quería comenzar a gestionar alguna subvención.”
      Nesta frase do sr. Alcalde concentrase toda a mentira en canto a autoría da estatua, vamos a ver, sr. Alcalde se a idea da estatua parteu do sector do viño, por que carallo os primeiros en ver a maqueta da mesma foron dirixentes do PP, antes do suposto “sector do viño” e o mais importante, se foi unha iniciativa privada, porque o sr Alcalde, a primeira autoridade do pobo, sale como un can faldero, como un pelele a xestionar unha subvencion pública para, repito, unha iniciativa privada, ¿en mans de quen está  o municipio de Cambados?  se mañan, por poñer un exemplo, o sector do xoguete do Salnés quere levantarlle unha estatua a Bob Esponja por haber salvado as súas ventas ou todos puteros da Ria de Arousa, se presenta no concello, para reclamarlle un monumento a esas mulleres da vida que nun momento de apreton aliviaron os seus instintos mais  baixos, enton ¿facilitaralles un parque municipal e, tamén,   buscará unha subvención tan alegremente? . A idea da estatua saleu do Concello e se de verdade hubiera existido ese sector do viño, a que ven eso de ocultar os nomes, mais aínda cando se quere levantar nunha plaza que pertence a tódolos cambadeses.
     “Pero esto no es algo del PP. El albariño no tiene ideología política.”
 Sinceramente como se pode ter tanta cara, tanto morro e (perdón pola expresión) non caerlle os collóns ao chan cando declarou iso, o albariño e a súa festa está politizada de forma descarada polo PP, con dar un rápido repaso a lista de políticos e persoaxes  que foron feitos Cabaleiros do albariño ou invitados a nosa festa podemos facernos unha idea, por poñer algún exemplo  dende todos os concelleiros da Xunta e  alcaldes da zona (iso si do PP), políticos como Francisco Álvarez Cascos, Jaume Matas ( ese político do que todo o mundo renega no PP  ahora que  está a punto de entrar na cadea), Mariano Rajoy, Ana Pastor etc. a famosos da sua corda como : Norma Duval,  Sánchez Dragó  Bertin Osborne etc; repito, hai que ter moita pero que moita  cara para facer esa afirmación.  
      Fai un tempo cando Xosé  Manuel Cores Tourís deixou a alcaldía para ocupar o seu actual cargo de Delegado Provincial, falaba eu cun afiliado do PP e para tirarlle do xenio dicíalle que ahora que se iba Tourís, quizás,  nas seguintes municipais poderían perder a alcaldía a sua resposta mais o menos textual foi esta: "Mira “Ricardo, se ben nas municipais sempre se vota mais a persoa que en otras eleccións so coa masa fiel que segue  siglas do PP, mais os votos de todos os enchufados e a súas familias que poden pensar que irian a calle   aínda que  puxésemos de candidato a un burro autentico dos de catro patas, gañariamos de calle; ademais o actual alcalde e un home de palla, un pelele o que  seguirá  a dirixir o  cotarro  será  Tourís” acordábame de esa conversación, estos días, pensando se non seria mellor que houbesen optado pola opción do pollino, dudo que o fixese peor.
      Por certo este mesmo coñecido, este afiliado do PP  ( chamémoslle J.) botábame en cara que eu coma moitos criticásemos o excesivo gasto da Festa do albariño, empezando pola comida do Parador, e deciame, entre coñas,  que moito criticar pero de invitarnos todos iriamos, pois ben o que suscribe estas liñas,o sea, eu,  estiven invitado 3 anos seguidos (Festa do albariño de 1998, 1999 e 2000) a dita comida no Parador, e, en ninguna ocasión fun, en primeiro lugar porque me parecía (e me segue a parecer) escandaloso, pornográfico que solo na comida se gastasen  mais de 30.000 euros ( con eses cartos moitos pobos pagan todas as súas festas patronais) e,  sobre todo, non me apetecía compartir mesa cun persoaxe como Manuel Fraga  e mais de catros pelotas e aduladores que o acompañaban, sinceramente quitaríanme as ganas de comer.
      Toda esta polémica da estatua  foi xenerada por un alcalde que segue a tomarse o Concello de CAMBADOS coma a súa finca particular,  a tratar a todos os cambadeses e cambadesas de ignorantes, realmente a estas alturas da película, pode haber quen se crea que a estatua sexa unha iniciativa “do sector do viño”, se o alcalde de CAMBADOS  tivese un mínimo  de cultura democrática, se reflexionase, pediría perdón (non e tan complicado hasta o Rei xa o fixo), pero creo que o seu orgullo impídello, con esta actitude esta a prostituír, a manchar  o bo nome de CAMBADOS, en beneficio propio, en dende logo eu como cambades e algo que non podo admitir.
                                    RICARDO DOMINGUEZ REY  


Ningún comentario: