18/06/2012

CARTA ABERTA A UN ALCALDE CACIQUIL (POR RICARDO DOMINGUEZ REY E ADELA ESTEVEZ CAMPOS)

       Estimado Sr. Alcalde:
      Ante os acontecementos das ultimas semanas en canto as suas manifestacions iniciais de levantar unha estatua en honor de Manuel Fraga con cartos públicos, o conseguinte revuelo que xenerou e as suas posteriores declaracions nas que
señalaba que seria por donacions feitas entre adegueiros e cosecheiros agradecidos hacia a figura de Manuel Fraga pola sua contribución a promocionar a festa do albariño, debo manifestarlle que non salgo do meu asombro e, a parte, non sei o que me sorprende mais si o feito en si de levantarlle unha estatua  a tan controvertido persoaxe ou, directamente,  que nos tome por parvos a tódolos Cambadeses e Cambadesas.
¿ Qué me está decindo Sr. Alcalde? ¿que ese grupo de adegueiros e cosecheiros, preocupados polas ultimas últimas chuvias, polo mildéu que comenza a aparecer, por como evolucionará o tempo de cara a que non lle afecte ás suas plantacións, de cómo afecta a crise na venta do viño etc., olvidarán todo eso, tan importante para eles, e da noite a mañán, por inspiración divina deciden que o que mais lles importa e levantarlle unha estatua a Manuel Fraga? ¿realmente quere que nos creamos semellante memez? Pídolle, por favor, que non se ría da intelixencia de todos nos?      
      A idea da estatua parteu de vostede, exclusivamente, e o único fin da mesma è alimentar o seu desproporcionado ego, a  vostede importalle un bledo  Manuel Fraga e  a festa do albariño, vostede  o que busca e gañar puntos de cara os seus superiores de partido, codearse o día da inauguración con Louzan, Tourís, Feijoo, decir: ”mira que bos somos os de Cambados que lle levantamos unha estatua o noso fundador”; é penoso que manche de esa maneira o bo nome de CAMBADOS, que utilice a todo un pobo para fines exclusivamente de partido e no seu beneficio propio. 
        Con esta estatua  demostra ter unha falta de respeto á  memoria de moita xente, xente que por non pensar como Manuel Fraga e o seus adláteres sufriron persecucions, vexacions cando non o pagaron coa sua vida, a sua actitud é propia de eses tempos.
      Os adegueiros, os cosecheiros o sector do albariño, en xeral,  non lle deben nada nin a Fraga nin a Xunta, en todo caso, son éstes os que deberían dar as gracias por ter no albariño uns dos mellores embaixadores do noso país, o feito de ser un dos mellores viños blancos, senon o mellor, é  a sua mais destacada promoción.      
      CAMBADOS por moitas maiorias absolutas que lle brinde,  non é a sua finca particular, métase iso na cabeza; ten todo o dereito do mundo a facerlle unha estatua a Manuel Fraga, pero non cos cartos públicos, aos cales débelle unha boa xestión, e, sobre todo, a non asociar dita escultura ó noso bendito pobo, colocandoa nunha plaza pública que é non solo dos votantes do PP, senon tamén dos votantes do BNG, PSOE, IU e de tódolos veciños que non pensan como vostede.  
      Cando comenzou toda esta pólemica comentei o asunto con moita, moitisima  xente, non solo de CAMBADOS, a modo de resumen adxúntolle a carta que lle dedica unha boa amiga mía, Adela, gran coruñesa (ainda que residente en Madrid), gran galega, e dende hoxe,  Cambadesa de adopción….gracias Adela por expresar mellor que nadie o que sentimos moitos dos teus novos veciños
      Tome nota Sr. Alcalde de todo e reflexione e se segue coa idea de tan controvertida estatua, sepa que contará co meu desprezo eterno.     
                                                              Ricardo Domínguez Rey
                                                                                                                            




Moi anacrónico señor Aragunde:
      Os rexedores erixen estatuas aos mandatarios vivos, co fin de que, afagados, concedan favores ós seus pobos e a eles mesmos, e aos poetas e artistas mortos ós que desprezaron en vida, pra deixar constancia de que, en contra das evidencias, son homes cultos.
         Posto que Manuel Fraga nunca escribiu, que eu saiba, ningún poema digno de mención, e o seu único intento de contribuír ao patrimonio artístico galego é o cadaleito da Cidade da cultura que os seus propios correlixionarios intentan cargar na conta do Bipartito; e considerando que dende a tumba nada pode facer por Cambados xa que nin sequera os seus descendentes políticos máis afíns visitan a súa momia, aínda que só sexa para sacala en procesión nas festas do partido, non se me ocurre ningunha razón pola que vostede desexe gastar os cartos que a Cambados non lle sobran, nunha estatua na honra de tan infausto personaxe, como non sexa a cegueira política ou as ganas de amolar e demostrar que, como el, é vostede o que manda, aínda que sexa en contra da vontade de todos os veciños.
      Pero como parece que nin manifestacións en contra, nin rogos, nin súplicas, nin se saber en minoría van facer que cambie de idea, envíolle algunhas propostas pró monumento, que farán del un seguro lugar de peregrinaxe:
- Cóllase unha imaxe de San Iago Matamouros (do que o defunto era devoto), substitúase a cara do santo pola do ínclito prócer e a dos mouros pola dos máis célebres asasinados durante os seus tempos de ministro franquista: Grimau (Fraga mesmo levou a orde de fusilamento a asinar o xeneralísimo), Granado, Delgado, Seixo, Ruano, os cinco obreiros de Vitoria... Ésta ten a vantaxe de que abarataría extraordinariamente o proxecto, porque as igrexas galegas están cheas destas imaxes, que calquera bispo cedería encantado grazas ao afecto que lle tiñan o falecido.    
- Monumento multimedia, con distintas pantallas nas que se reproduzan os momentos máis célebres de Fraga: Montejurra, Palomares, labazadas e berros a colaboradores e unha recompilación das súas frases célebres: “La calle es mía”. "Franco fue un gran hombre", "el mayor y más representativo de los españoles del siglo XX" e "uno de los mayores gobernantes que hemos tenido en nuestra historia". "La legalización del Partido Comunista es un verdadero golpe de Estado". "Es evidente que el glorioso alzamiento popular del 18 de julio de 1936 fue uno de los más simpáticos movimientos político-sociales de que el mundo tiene memoria”.
- Posto que, a pesares da manipulación dos medios de comunicación, do carrexo de votos e de toda a corrupción existente durante o seu "reinado" á fronte da Xunta se segue insistindo na súa honradez insubornable, propoño que se lle represente por triplicado como esas figuras dos monos de "non vexo, non escoito, non falo".
E sen máis despídome, esperando terlle axudado, e ata que a Lei de Memoria Histórica ou unhas boas eleccións o baixen da burra.
                                                                   Adela Estévez Campos


¡¡¡EN CAMBADOS NON CABE A ESTATUA DE MANUEL FRAGA!!!

                            
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: