20 de xuño de 2012

POR FIN UN DIARIO, “FARO DE VIGO” DESCUBRE AS MISERIAS POLITICAS DE LUIS ARAGUNDE. ¡XA ERA HORA!

Por fin un diario en Arousa “Faro de Vigo”  e un peridosita dos pes a cabeza Miguel Anxo Martinez, foron  valentes, veraces e sen temor para descubrir as miserias politicas de Luis Aragunde, denunciando nunha páxina enteira
como Luis Aragunde entende a democracia e dicir a dictadura do PP en Cambados, abrindo con este lapidario titular "Cambados é o concello onde máis se tarda en informar a oposición" e podemos leer frases como estas:
“En Cambados van camiño dos seis meses sen actas das xuntas de goberno, e segundo o portavoz nacionalista, Víctor Caamaño, o atraso medio e habitual é duns tres meses. Caamaño está convencido de que se trata dunha manobra política do Partido Popular que dirixe Luís Aragunde cuxa única finalidade é entorpecer o traballo da oposición.”
O mais grave é o que conta o Faro do Vigo do Secretario do Concello, que merece un capitulo aparte, e tivo a valentia de decirlle a Victor que non habia problemas de personal de que el daria as actas nun prazo de dez días sen problema ningún, feito que foi impedido polo alcade Luis Aragunde coa vaga excusa de falta de personal e asi segue a comentar Faro
“Caamaño alega, a este respecto, que nunha conversación co secretario do concello, que é quen levanta acta das reunións do goberno, este admitiulle que non tería inconveniente algún en mandarlle a documentación en dez días, pois ten que facela de todos os xeitos. Mentres, o PP argumenta que non envía antes os papeis por sobrecarga de traballo no concello.”
Luis tampouco sabemos que que entende por cumprir a lei , exacatamente o contrario, imcumprila e así preto dos expedientes Faro de Vigo di: 
“En Cambados, o BNG segue moi de cerca as obras que se están facendo nun antigo bosque de Vilariño coñecido como Pinal dá Maza, onde se tallaron centos de árbores para facer unha plantación de albariño. Os nacionalistas apuntan que os traballos son presuntamente ilegais, e que salpican a un concelleiro do PP de Cambados, Juan Ramiro Vázquez, e ata ao delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra e exalcalde cambadés, José Manuel Cores Tourís. O Bloque pediu en dúas ocasións por escrito acceso ao expediente (a primeira o 25 de maio) e aínda non lles deixaron velo.”.
Xa está ben de que a prensa lle dorara a píldora a Aragunde, e que alguen que se chama periodista conta a realidade tal como é , que en Cambados impera a dictadura e o recorte de libertades amparándose na maioria absoluta.


Ningún comentario: