17 de xuño de 2012

TIME 1 – XUGA BONITO 3

O final xogouse o encontro entre franceses e galegos con victoria para o Xuga Bonito por tres goles a ún, segundo nos contan no facebook de Chourizo Films. Outra victoria internacional dos nosos rapaces que ademais levan o nome
de Cambados por Europa adiante. Notouse, non sabemos se pola crise, por motivos laborais ou outras razóns o descenso no número de expedicionarios con respecto a Alemania o ano pasado, xa que a este pais desplazaronse 22 efectivos, e nesta viaxe a Francia somentes 14, pero pese o todo deixaron o pavillón cambadés ben alto no terreno deportivo.  Hoxe regresan a nosa vila, e como remata Chourizo no seu facebook “A ver para o ano se a racha continúa”. Sentimos non poñer ningunha foto de Francia, pero os expedicionarios ainda non colgaron ningunha nos seus respectivos facebooks.


                              
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: