20 de xuño de 2012

UNHA XOIA DOCUMENTAL ALBARIÑENSE

A propósito de que unha páxina de facebook puxera de moda novamente os carteis do Albariño, chegou as miñas mans unha verdadeira xoia do Albariño, nada mais e nada menos que un programa de actos da festa do ano 1963. Na portada podemos ler “XI Certame do Viño Albariño” e mais abaixo dinos “XANTAR NO PARQUE DO PAZO DE BAZAN (actual
Parador de Turismo) ás 14.30 do día 18 de Agosto de 1963”. Hai que puntualizar que ate o ano 1968  celebrase calqueira domingo de agosto, a partires deste ano a festa comezouse a celebrar e ficou así para sempre o primeiro domingo de agosto. O menu do xantar foi o seguinte:
Con Albariño: Saludo Marisqueiro, empanada de xoubas e polbo a moda de Arosa. Co espadeiro: Carne Mechada Pazo de Bazán. Tarta de almedran, xelado , café e licores.
Podemos comprobar grazas o menu dese día que o Albariño non era o unico viña que os asistentes degustaban no xantar.
O programa estaba encabezado así: 
Dia 17 de Agosto: As sete da tarde, constitución do xurado de admisión e cata prima. Verbena Popular.
Dia 18: Ás 11, Misa  na Ermida da Pastora. Ás doce da mañá, no Excelentisimo Concello , entraga do titulo de fillo adoptivo de Cambados o Ilmo Sr. D. Pio Cabanillas Gallas. Subsecretario de Información e turismo. Ás doce trinta, saida dende a Casa Consistorial, en corporación, do xurado da Cata Postreira, e constitución do mesmo na mesa do Certame, no Pazo de Bazán. Ás dos e media da tarde, Xantar no Parque do Pazo do Bazán adicado este ano o Ilmo sr. D. Pio Cabanillas. Actuación de Gaitas , Coros e Danzas. Entrega de premios tras lectura da acta polo Secretario Perpetuo de Xurados. Tertulia literaria. Ás sete da tarde, descubrimento dunha lápida conmemorativa na casa onde D. Ramón el Valle-Inclán viveiu e escribiu. Durante a Cata Posteira, da 1 da tarde a 2.30, no Parque do Pazo de Bazán abriranse postos típicos onde  os asistentes poderán adquirir sardiñas asadas, pan e viño.
Pio Cabanillas Gallas,  era un pèrsonaxe que chegou a ser ministro con ranco, que despois tamén como ínclito Fraga abrazou a democracia. 
Na contracapa do programa podemes ler o seguinte: “Este xantar é especialmente ofrecido ó Excmo Sr. D. Pio Cabanillas Gallas no día en que se lle fai entrega  do diploma en que consta a súa designación como fillo adoptivo da vila de Cambados.
Teño que agredecer de xeito especial que Carmelo do “Hotel Os Pazos" me fixera chegar esta xoia albariñense, que eu, co seu permiso probablemente done o Concello de Cambados para que pase a engrosar o arquivo documental  do nosa festa máis significativa.


AQUI TEDES A XOIA:









                               
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: