31 de xul. de 2012

A DESVERGOÑA DE LOUZAN (Por Ricardo Domínguez Rey)

Despois de leer a entrevista que lle realizaron a Rafael Louzàn na  “La Voz de Galicia” (30/07/12) non poido mais que preguntarme como se pode ter tanta cara, tanto morro para dicir o que di, ver como está actuando o seu partido nos
distintos gobernos autonómicos e central e quedar tan pancho, tan chulo; son tal a cantidade de bobadas, de tonterias que di  que sinceramente non sei nin por donde empezar.

Quizás, o primeiro que lle aconsellaría a este suxeto e que antes de falar dun tema (que polo cargo que ostenta debería de dominar), tendria que documentarse un pouco, e non dicir o primeiro que se lle pasa pola cabeza; apreciado Louzán as deputacións  provinciais nacen a comenzos do século XIX, nun contexto político, histórico, económico e social moi distinto do actual onde se facía necesario un organismo,  unha institución, en definitiva un nexo que conectase os diferentes concellos entre si e coa administración central; hoxe en dia co desenrolo das autonomías e todas as transferencias e atribucións que asumen, as deputacións non teñen  ningún sentido, senón a de aupar a individuos como Rafael Louzán.

Dende logo o primeiro incongruente é o propio Louzán basta reseñar o titulo  do artigo “ESTA CLARO QUE OU PECHAMOS AS DEPUTACIONS OU AS POTENCIAMOS”  onde deixa claro a súa declaración  de intencións, se o propio presidente da Deputación Provincial de Pontevedra pensa iso do organismo que preside, si pensa que é absolutamente o mesmo que siga dita institución ou non, se está reconocendo de forma velada que as atribucións que leva a cabo se poderían exercer de outra maneira, que pensará o cidadán de a pe, e mais nun período de crise como no que estamos actualmente,  que nos están pedindo sacrificio tras sacrificio a todo ó mundo xa sexan   funcionarios, parados, xubilados, autónomos, traballadores en xeral, e sen embargo ves a unha institución tan caduca, tan sobredimensionada en persoal, que dáste conta que ao final solo sirve para perpetrar no cargo  a individuos de dudosa credibilidade coma Louzán, cuns salarios fora de toda lóxica (o presidente da Deputación de Pontevedra ou de A Coruña cobra mais que o presidente do Estado español)e que benefician maioritariamente os concellos da súa corda.
     
     
Nun momento da entrevista o Sr. Louzán di sen ningún tipo de rubor “no 2012 a Deputación contratará mais de mil cincocentos traballadores para resolver as prioridades que os concellos nos demandan…” e fala de prioridades tan básicas para a nosa sociedade como son limpeza de praias  e asesores turísticos, iso si, en cousas tan importantes en sociedades avanzadas como son  a educación ou sanidade , non lles importa aplicar os recortes que fagan faltan  nin mandar a calle a profesores, enfermeiros ou persoal de dependencia, ademais ¿dende cando unha deputación se dedica a facerlle competencia ao INEM ou as axencias privadas de colocación? Non vou a recordar ahora toda a xente de Ribadumia que colocou  na deputación (excelente artigo o que no seu dia publicou o xornal “EL Pais”).

Tamén fai gracia cando nun momento da entrevista sentencia con solemnidade  “..o papel que estamos facendo é crucial” ¿de que papel falas Rafael? e o mais importante ¿en que municipios? ¿os que son da vosa corda?. Fai pouco contáronme unha anécdota deliciosa : a mediados dos anos 80 cando en Cambados gobernaba un partido que non era o PP (daquela AP), pedíronlle unha subvención a Deputación para dotar ó pobo dalgunha infraestrutura deportiva (inexistente daquela) , a resposta do entón Presidente da Deputación ……un tal Mariano Rajoy foi que Cambados  cunha pista de tenis tiña mais que cubertas as súas necesidades deportivas; así é o mesmo que hoxe en dia fala da importancia do deporte, o mesmo que sin importarlle a situación que estaba a vivir ó pais ao borde do rescate, colle un avión, atravesa media Europa só para fotografiarse coa selección de fútbol, ese mesmo negoulle unha subvención para equipamento deportivo  a un pobo polo simple feito de gobernar un partido de esquerda nacionalista, nese sentido Louzán é un digno herdeiro.

O Sr. Rafael Louzán enchese a boca a falar de reformas lexislativas e outros termos dos que non ten a mais mínima  idea, se de verdade quere unha lei de proveito eu invítolle a que  promova unha lei de transparencia na que se lles esixa (como ocorre con deputados e senadores) unha declaración do Patrimonio cando chegan e cando se van, tanto a Presidentes de deputacións coma ós familiares directos (e nalgún caso tamén a choferes de confianza), ao mellor levariámonos algunha sorpresa o ver as inversións que algúns teñen,  por exemplo, en Brasil.

Aínda que sempre haberá  alguén que vexa a Rafael Louzán coma un verdadeiro “selfmade man” un triunfador, o ascenso dun humilde bedel……. .non sei que esta esperando Hollywood para facer unha película sobre a súa vida (o problema é que non hai un actor co atractivo para encarnalo, esa porte, ese donaire nin Marlo Brando nos  seus mellores tempos, pero é o problema de ser tan guapo).
      Ricardo Domínguez Rey
   
     

3 comentarios:

Anónimo dixo...

acabo de leer esto e non podo facer outra cousa que indignarme. ¿como este individuo non esta no caldeiro? E UN AUTENTICO ((( HP E UN L )))haber si o publicas. non teño problema en decirche quen son quinto

Anónimo dixo...

!vaya personaje! ¿cando se pedirá unha titulación mínima para o acceso a política? Este deixou os estudios no parvulito.
E a súa dona asesora de novagalicia banco.
!!que pais nos deixan.

Anónimo dixo...

Eu ainda non entendo como Nené Barral, sabendo todo o que sabe deste home, está calado. Será polo efecto dominó digo eu...