31 de xul. de 2012

A ELECCIÓN DE RAIÑAS FOI UN ACTO INFUMABLE

O domingo pasado acudin a Elección de Raiñas que se celebraba na praza de Fefiñans, primeiramente dicir  que nas primeiras filas non habia, nin un nin dous, nin tres concelleiros do PP en primeira fila, senón que estaba casi toda a corporación coas respectivas mulleres, eso si antes tiveron que desaloxar a varias persoas maiores que colleran o sitio
con antelación con conseguiente enfado das mesmas, por suposto nin que dicir ten que non foron invitados o acto ningún membro da oposición, non existimos para estes elementos. A presentación correu a cargo dunha individua que sinto non poder decir o nome, porque non a coñezo e íntegramente en castelan ¡deplorable!
Menos mal que só se presentaron cinco candidatas a raiña senior e seis a raiña infantil, senón estabamos ali toda a noite, o xurado lento, tomouse o seu tempo  e o acto alongouse en demasia, sobre todo para os que fumos principalmente  para ver a “Manso e Amigos” que por conseguinte empezaron a actuar moi tarde.
As elixidas para este singular reinado son Vanessa Piñeiro Noya, de 15 anos, nomeada Raíña Maior, e Mar Otero Torreiro, de 11, galardoada co premio infantil. A primeira, tras recibir o premio, declarou, “síntome moi orgullosa e feliz polo nomeamento. Adícolle ou premio á miña nai que me axudou co traxe e cos preparativos”. A Raíña decidiu presentarse de “motu propio” a este certame, contando ademais co apoio dos seus pais á hora de escoller a vestimenta para o concurso. Vanessa aínda non sabe onde investir os 100 euros do premio, “por agora téñoos gardados”. Pensando no seu futuro profesional, non lle desgustaría dedicarse ao mundo da moda, aínda que sabe que é moi complicado facerse un sitio no “mundo”
Mar, a benjamina das Raíñas desta sesaxésima edición, recibiu con alegría e nerviosismo o recoñecemento. O seu pai destacou que está “toda chea” preparando os detalles de última hora. Esta é a primeira vez que a pequena preséntase ao certame aínda que o seu pai puntualiza que "hai tres anos quería anotarse, pero como aínda era moi nova, dixémoslle que espeara uns anos". A nai de Mar e a propia nena foron a encargadas de convencer ao pai, que non estaba moi a favor. A pequena, que quere ser veterinaria, ten pensado gastarse o premio nas atraccións das festas e invitar aos seus curmáns. 
Eu personalmente non estou a prol deste clase de concursos, pareceme un concurso conservador, trasnoitado e fora de lugar, respetando a xente que se presente o mesmo.
Hoxe a noite é o primeiro concerto do Albariño coa actuación de Corizonas.
Tamén dicir os mais trouleiros que o Xoves, Venres e sábado do Albariño a Discoteca A Pera abre as súas portas para que poidades gozar un pouco mais deste Albariño.






1 comentario:

Anónimo dixo...

ESTOY TOTALMENTE DACORDO CONTIGO EN TODO. SOMENTES DECIRCHE QUE UN DOS VOSOS TAMEN FALA CASTELAN NA INTIMIDADE. CANDO PASEA COA SUA DONA POLO PASEO MARITIMO O SEÑOR CAAMAÑO DALLE A LINGUA DE CERVANTES. ASI QUE COMENZA POR CRITICALO A EL QUE E O QUE PRIMEIRO DEBE PREDICAR CO EXEMPLO. GRACIAS POR PUBLICAR ESTO.