24 de xul. de 2012

A FESTA DA PATROA DE CAMBADOS REMATA CON POLÉMICA

Por primeira vez na historia da festa a Comisión de Festas da Patroa, incomprensiblemente, acordou trocar o lugar da celebración da verbena dende a Praza do Concello para a explanada que existe fronte o Gadis, algúns din que por
intereses económicos, outros  por intereses comerciais, de todos os xeitos o voceiro da Comisión de Festas Benito González Blanco, tampouco aclarou  nada o respecto, si manifestou que acepta as criticas, como non podía ser doutro xeito, pero aclarou que se fixo a verbena no devandito lugar coa intención de que todos estiveran máis cómodos, debido a amplitude do recinto apostando pola seguridade de todos no que o tráfico se refire. 
Benito González Blanco
Escusa, por certo, bastante peregrina, xa que non lembramos na historia das festas que se celebran diante do concello nin un só accidente de tráfico e amplitude e mais que suficiente, si ali se celebran festas como a do Albariño a da patroa non ía levar mais xente mais ben o contrario. Respecto o problema que  se puido haber xerado os negocios que están mais cerca da ubicación  da verbena que “as decisións que se solen tomar nestes asuntos non satisfán a todos”.  Sabemos, e a iso non se referiu publicamente o voceiro da comisión, que houbo unha discusión moi forte entre o presidente da comisión de festas e o alcalde o respecto de traslado e este tivo lugar en intres cércanos a procesión sendo testemuñas algúns que outros membros doutras comisións, xa que a Luís Aragunde non lle gustou a idea do traslado, en parte polo malestar dos negocios existentes nas inmediacións da praza do concello e en parte porque ocasionou uns gastos un concello extras pois houbo que pagar horas extras a empregados do concello para levar cadeiras para o lugar e despois recollelas. 
De todos formas outro día falaremos do “mamoneo que se traen case todas as  comisión de festas do concello de Cambados co PP e con Luís Aragunde”. Fontes solventes  manifestaron a  esta páxina que o motivo primordial do troco dúas razóns, a primeira que os negocios preto de praza non aportaron o que pensaban os da comisión e por outra banda favorecer a publicidade do supermercado en cuestión.

Ningún comentario: