01/07/2012

CARTA ABERTA AO SUPOSTO PROMOTOR DA ESTUTUA DE FRAGA. Por Ricardo Domínguez Rey

        Apreciado D. Luís Rodríguez:
      Despois de leer na prensa a noticia na que admite ser o primeiro que foi a falar  co alcalde de CAMBADOS para suxerirlle unha homenaxe a Manuel, non podo comezar esta misiva se antes felicitalo; a súa visita (da cal non recorda  a
data) causou tal impacto no noso excelentísimo alcalde que nada mais marchar vostede, el saleu a busca de subvencións, non xa para unha homenaxe senón para toda unha señora estatua,e non so iso,incluso mobilizou os dirixentes comarcais do PP para que foran os primeiros en ver a maqueta,  ¡¡que poder de persuasión!!  ¡¡e vostede un auténtico encantador de serpes!!, se ten ese don de xentes, esa facilidade para chegar as masas,  na explotación e venta da sua marca de viño, non dudo que co tempo lle quite o primeiro posto a Coca Cola como bebida mais consumida no mundo.
      Déixeme aclararlle que eu, ao igual que vostede, eu tampoco estou afiliado a ningún partido político, e xa me ve, no medio de “rojos”  e “izquierdistas”, amosando ou meu rechazo e oposición a tal escultura, nunca me  imaxinei en tal tesitura, prométolle que mañan mesmo e canto vexa unha igrexa entrarei a pedir perdón por verme mezclado con xente de tal calaña; de todos modos, para a súa información (e respecto do que declaradou na prensa), señalar  que esta polémica non a crearon catro, senón dous, por un lado vostede ( se e certo todo o que declara e do que eu non me creo nada) e sobre todo, o sr. alcalde de CAMBADOS o non ter a cabeza mais fría ante tan disparatada idea. Outra cousa ben distinta e toda a xente que nos opoñemos a semellante fin e que, dende logo, somos moitos mais de catro.
      Con todo o respeto que me merece a súa persoa déixeme que lle faga dúas preguntas, a primeira resulta obvia e tampoco atopei quen me respondese ¿que foi, concretamente, o que fixo Don Manuel Fraga Iribarne polo viño albariño para que vostede queira rendirlle tales honores?, a parte de invitarlle o domingo de albariño a comida do Parador (como a outros adegueiros), cartos do convite, que por certo, saíron das arcas municipais, non do bolsillo de D. Manuel, non vexo por onde pode vir tal promoción. ¿acaso en algunhas das múltiples viaxes do noso querido presidente, levaba algunhas botellas da súa marca ou de calqueira outra para promocionalo?, ¿era en realidad Don Manuel Fraga un representante comercial encuberto da denominación de orixen RIAS BAIXAS?
      A outra pregunta que lle quería facer e  se tanto amor, cariño, respeto, en resumo tanta devoción profesa a a figura de Don Manuel  ¿por que non lle levanta a estatua na súa adega? Podería colocarlle coroas de flores nas datas señaladas como cabodanos, onomásticas etc.  seria o mais xusto e non cargarnos aos cambadeses con semellante sambenito.
      Estou totalmente da cordo con vostede en que non se pode mezclar a política co sector do viño, pero déixeme que lle recorde  que aquí o único que se empeña en facer tal cousa e o alcalde de CAMBADOS, nadie mais; ante todo Fraga Iribarne era unha figura política, primeiro no réxime de Francisco Franco e, posteriormente, nun alarde de oportunismo, subiuse o carro da democracia, a vinculación de Fraga co albariño e a mesma que puido ter en vida coas denominacións de orixe  Ternera Galega  ou Queixo de Tetilla, en dende logo eles non son tan papanatas, tan bobos para facerlle unha estatua.
      Di vostede que non recorda cando foi a falar co alcalde para tratar o asunto do homenaxe, non se preocupe a estas alturas, el seguro que si se acorda e hasta tivo tempo de inventarse todo do que falaron, non se se extrañe se se pon en contacto con vostede para deseñar a coartada  e non os collan nun renuncio.
      Falando ahora xa mais en serio e deixando as coñas marineras a un lado non me creo absolutamente nada do que di, non me creo que se reúnese co alcalde, e, dende logo, non me creo que sexa nin de lonxe o promotor  da estatua, os promotores non teñen absolutamente nada que ver co sector do viño, e todo isto, ante todo e un acto de partido, un peloteo, unha paletada, propia dunha república bananera e que, por desgraza, o gran perxudicado vai ser o bo nome de CAMBADOS.
      Despídome de vostede, cos meus mellores desexos, e co meu compromiso persoal de pararme na súa caseta na Festa do Albariño, e probar uns dos seus viños coa certeza de que serán dun gran pracer pro  meu paladar.
     
      RICARDO DOMINGUEZ REY

A NOVA EN FARO DE VIGO                              
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.   
     
   

Ningún comentario: