31 de xul. de 2012

CARTA ABERTA DUN VECIÑO ANOXADO DA AVDA DE MADRID.

Son Manolo Costa e quería denunciar a ocupación que se vai facer este ano da rúa Avda. de Madrid con postos para a festa do Albariño. Fai aproximadamente oito anos dende que se remataron as obras da remodelación desta rúa e despois de
falar un grupo de veciños repetidamente no Concello para que sacaran os postos durante a Festa porque era indecente os cheiros que se xenaran,  os vómitos as incomodidades de non poder facer uso da túa vida normalmente, estar sen durmir tódolos días e outros temas que mellor calo, ben despois de estes oito años de relativa tranquilidade ven o iluminado do Sr. Alcalde e vai poñer postos a ambos lados da rúa , vai pechala,  e o único que nos dixeron cando nos fomos saber de como ía a ser a cousa e que si queríamos nos daban un permiso para poder aparcar a carón do Centro de Saúde. 
Ben, eu falo da nosa vivenda descoñezo a situación das demais, nos temos sete vehículos ademais dunha furgoneta e un tractor para labores do campo, teño a miña nai enferma do corazón que está de visitas hospitalarias cando menos se espera, e teño uns dereitos inapelables que salvo caso de forza maior hai que respetarmos. Hai alternativas para poñer os postos dende o muíño de Tragove hasta o peirao de Santomé, a festa e de Cambados pero aquí Cambados enténdese como o Concello, todo ten que situarse arredor do Concello, ¿porqué non poñen os postos diante da porta do Señor Alcalde e demais acólitos? Que se “fodan” os paisanos, “LA CALLE ES MÍA” e a política de este Concello, cada vez estou mais hasta o carallo de ver como unha festa nada de un grupo de amigos foi dexenerando hasta politizala de tal forma que ante o carto "TODO VALE" veña postos e mais postos (de traballo non) .
Cada vez me da mais asco vivir en Cambados o ver como se fan as cousas, sen informar, improvisando, atropelando...Esta e unha FESTA con maiúsculas e estádela convertendo nun MACRO BOTELLÓN...hai que sacar cartos de debaixo das pedras que temos moitos INVITADOS AS PAPADELAS, estes "cheiñas" que se “fodan”. Ben, eu xa sei que a festa e un referente nacional  ademais dunha boa inxección económica para  o comercio etc.etc. etc. pero cada un chora por onde lle doe e a min dóenme os meus dereitos e os de tódolos veciños desta rúa que pelexaron para conseguir unha tranquilidade que agora uns “putos” euros de merda recadados en catro días os van a pisar. Nos vivimos aquí toda  a vida, verán e inverno as duras e as maduras, tomando moito polo saco, ¿Só contamos para os votos? cando son as eleccións enchedes as caixas de correos coa vosa información e agora si se quere saber algo vai polo concello a ver si che din algo...patético, con esa filosofía perdedes tódolos votos da xente que ten dous dedos de fronte, que aínda queda algunha.Saúdos.
MANOLO COSTA

4 comentarios:

Anónimo dixo...

POR FAVOR QUE SOLO SON CATRO DIAS. QUE DIRAN ENTON OS QUE TEÑEN UN PUB DEBAIXO DO EDIFICIO TODO O ANO. SON GAÑAS DE PROTESTAR POR PROTESTAR. O DA POLITIZACION DA FESTA NADA TEN QUE VER COS CAMBADESES/AS E VISITANTES QUE QUEREN DISFRUTAR DE ESTOS "CATRO,CATRO,CATRO" DIAS.

Anónimo dixo...

claro que si solo son 4 dias. si matas 4 personas diarias non importa solo eres un asesino si matas un rebaño o dia como facia franco. por certo, moy adorado por o noso luisiño

Anónimo dixo...

RESPOSTA O ANÓNIMO 2012 19.13 SI SON CATRO COMO SI FORA UN, SI HAY ALTERNATIVAS QUE AS UTILIZEN E SI CHE MOLESTA O PUB NO TES MAIS QUE DENUNCIAR, E SOBOR DA POLITIZACIÓN CREO QUE DEBES ESTAR VIVINDO NO PAIS DE NUNCA XAMAIS.

Anónimo dixo...

ANONIMO 2012 18:58 HAY UNHA GRAN DIFERENCIA ENTRE CORTAR UNHA RUA CATRO DIAS E MATAR CATRO PERSONAS. NON SEI QUE TERA QUE VER UNHA COUSA CON OUTRA. O FINAL SEMPRE IDES DAR O MISMO;franco, franco y franco.NON SERA QUE O BOTADES DE MENOS. EU NON, CANDO NACIN XA TIÑA TEMPO CRIANDO MALVAS.
XA QUEDA UN DIA MENOS DE CALVARIO PARA OS VECIÑOS DA AVENIDA MADRID.
AINDA QUE SOLO PROTESTOU UN QUE SE SEPA.