21 de xul. de 2012

O DA FILLA DE FABRA SI É INSULTANTE LUIS, NON A OPOSICIÓN QUE FAI O BNG.

O Blog do BNG  ven de publicar  que Luis Aragunde pronunciose sobre a negativa da colocación dos carteis o dia da patria e dixo: “que non se ía permitir propaganda política nunha datas tan sinaladas nin ao Bloque nin a ningunha outra forza”, “as empresas pagan” “a próxima semana xa se
celebrarán actos importantes do evento vitivinícola e non sería de recibo que as rúas estiveran engalanadas con bandeirolas dun partido, porque ou Albariño é de todos, e ou Día de Galicia tamén”.  Victor Camaño con respecto a isto deixolle contestado que  o primeiro é que as ordenanzas municipais deben ser moi claras para que non dean pé a diferentes interpretacións.  O que non pode ocorrer e que faga o alcalde as interpretacións ao seu gusto e conveniencia pois, como neste caso, non se está comportando de xeito imparcial. 
O segundo é que o Día da Patria Galega é o 25 de xullo e, polo tanto, a data é anterior á festa do albariño, co cal a cartelería podería ser retirada antes de que este evento comezara; se ese fora o problema. Pero tamén aquí o alcalde é totalmente parcial e partidista pois precisamente se algo malo ten a festa do albariño é a politización que fai dela o PP. De todos é coñecida a transformación do Xantar do Albariño no “xantar do PP”. E isto si é malo porque con esta actitude o PP intenta monopolizar un evento que debería representar a toda a sociedade e non só a eles.
Victor Caamaño sacalle as cores a
Aragunde
Tamén dixo Aragunde que “escusa que se permita a instalación de publicidade a empresas ou casas comerciais, que ofertan produtos ou anuncian eventos, porque pagan as súas correspondentes taxas”. “non comprende as críticas do grupo nacionalista, que se sinta tan ofendido cando é este grupo político, precisamente, ou que fai do insulto soez e do desprezo rastreiro a súa bandeira política, caendo cada día máis baixo nos seus toques persoais”. Victor contestou que nunha democracia, os grupos e partidos políticos somos os representantes lexítimos do pobo. Debemos estar orgullosos da organización política que representamos así como de que os cidadáns houberan confiado en nos para representalos. Polo tanto o que non se pode é chegar á contradición do alcalde de impedir que os representantes de veciños e veciñas poidan expresarse publicamente como se iso fose algo malo, cando é a esencia da democracia. Ademais nun caso como este, dunha campaña que o que busca é a promoción da festa de todos e todas as galegas. A política non é mala, o que é mala é a aplicación de determinadas políticas que van en contra do benestar da cidadanía, políticas que nos empobrecen e prexudican, políticas como as que está a aplicar actualmente o PP.
Preto dos insultos decirlle a Luis Aragunde que non hai mais que remitirnos a ocaso da filla de Fabra e os aplusos as medidas de Rajoy dos seus deputados, eso si que é soez, rastreiro  e humillante. E que lle parece mais insulto a Luis Aragunde o caso do Pinal de Maza que é un insulto a intelixencia de todos os cambades. Luisiño leccións  de moral poucas e menos vindo de ti e do teu soez  partido.


Ningún comentario: