27 de xul. de 2012

O BNG ACUSA DE PARCIAL O SECRETARIO DO CONCELLO DE CAMBADOS.

Xa comentamos estes días neste mesmo espazo que o BNG esta a presentar unha batalla administrativa contra a cacicada do Pinal de Maza, presentando denuncias en tres consellerias, Patrimonio, Medio Rural e Medio Ambiente, precisamente na denuncia presentada nesta derradeira conselleria o BNG
acusa o Secretario do concello Alberto Fuentes (o da foto)  de parcial, que é unha das peores cousas que se pode dicir dun Secretario dun Concello, xa que a súa inparcialidade debe de estar por riba de todo..
O BNG dicia textualmente no seu escrito: “Que o día 14 de xuño a Secretaría do Concello de Cambados, seis meses despois de comezada a obra, realiza un informe totalmente parcial e carente de base legal, no que conclúe que para realizar esta obra non é necesaria licenza municipal e ao día seguinte fai coñecedores ás dúas empresas solicitantes de que o concello chegou á conclusión de que para realizar a citada obra, na que levan seis meses traballando, non é necesario ningún tipo de licenza ou permiso municipal. E a razón pola que o concello de Cambados pon tanto empeño en non esixirlle nada ás citadas empresas é que o representante  dunha delas (DISMATERRA SL)  é un concelleiro do PP que forma parte do grupo municipal de goberno de Cambados e que na mesma empresa é copropietario o Delegado Territorial de Pontevedra da Xunta de Galiza. Desde o goberno municipal do PP no concello de Cambados, tratou de ocultarse en todo momento o cúmulo de irregularidades cometidas nesta obra."" 
Norberto e Rueda
Este é o problema de ter Secretarios Interinos nomeado pola Dirección Xeral da Administración Local da cal é titular o ex asesor xurídico do concello de Cambados  Norberto Uzal Tresandi criticado por o peridico  El Pais o dia 25/04/2009 con motivo da sua toma de psesión o que calificou de “falangista”. Norberto  a súa vez ten unha “estreita amizade” co actual asesor xurídico Rafael Riveiro.  Por certo o Secretario titular do concello de Cambados é Rueda, conselleiro da Presidencia que foi a súa vez o que nomeou a Norberto. Como vedes todo está relacionado co PP. E moi probable que o informe o que se refire o BNG no fixera o actual secretario somentes e cabe a posibilidade de que  “tivera que ser asesorado” polo actual asesor xurídico do concello de Cambados, dada a súa incipiente carreira como Secretario Municipal.
Rafel Riveiro.
Eu fun testemuña presencial dun caso sangrante , unha vez fumos a  pedir un expediente para ser examinado como concelleiro do BNG e a contestación do secretario Alberto Fuentes, foi mais que anécdotica, xa que nos dixo que non no lo podia deixar porque non estaba o asesor xuridico, cando él é a máxima autoridade administrativa dentro do concello. Tamén dicir que a primeira vez que como concelleiro vin o expediente de Dismaterra (Pinal de Maza) tiveno que facer a presencia do asesor xurídico e non do Secretario como corresponderia.
Non podemos esquecer tampouco un anterior escándalo do cese da Secretaria Municial anterior Angela maria Viqueira Allo a da que demos conta neste espazo.



Ningún comentario: