28 de xul. de 2012

O BNG PIDE A SUPRESIÓN DO “XANTAR DE CHUPPOTEROS”NO ALBARIÑO PERANTE A GALOPANTE CRISE QUE PADECEMOS

O BNG de Cambados ven de colgar no seu blog o escrito presentado onte no concello de Cambados, no que ven a pedir a supresión do xantar de “chuppteros e comes de valde” na festa do Albariño. Xantar no que van gratis o 90 por cento dos
participantes e todos invitados cos cartos dos cambadeses, para Luis Aragunde non hai crise en Cambados. 
O BNG fai constar nese escrito   “que o Xantar  é un acto que forma parte do programa habitual da Festa do Albariño e que desde hai  anos supón un modelo de celebración totalmente criticable polos excesos que o PP no goberno municipal estivo a impoñer, chegando a supor para as arcas municipais unha verdadeira sangría económica.”. Insiste Victor Caamaño Voceiro do BNG que este xantar “é  carente do máis mínimo criterio de austeridade que tanto pregoa o PP, o Xantar do Albariño tivo como criterio ou obxectivo único, estes últimos anos, o acadar un número máximo de convidados (sobre todo de convidados relacionados co PP) sen ter en conta a capacidade económica real do noso concello”. 
E  Victor fai relación no escrito tamén a situación actual dicindo que “ hoxe, pasamos por un momento social e económico crítico, onde debe impoñerse o sentido común á hora de xestionar un concello ou calquera administración pública. Ante os continuos recortes e as subidas de impostos que está a impoñer o PP nas distintas administración, este é un momento no que desde o concello de Cambados debe mostrarse unha actitude exemplar de cara ao cidadán ou cidadá. Este momento esixe gañar a confianza de veciños e veciñas, gobernando e xestionando o noso concello con sentido común e honestidade. Este é o momento de gobernar e xestionar o noso concello pensando nas carencias e necesidades que o PP lle está a impoñer ás maiorías sociais máis desfavorecidas e, por iso, é o momento de dar exemplo.”. 
Victor tamén ofrece alternativas o xantar: “Existen outras fórmulas para entregar os premios do albariño que non requiren de xantares caros e multitudinarios e hai que empezar a utilizalos; e xa non só polo valor económico deste evento senón polo efecto que debe ter para toda a sociedade un acto organizado polos seus representantes políticos”. Por último Victor Caamaño, voceiro do BNG remata pedindo “que o concello de Cambados elimine o Xantar do Albariño como parte dos actos da Festa deste ano e busque outra fórmula de entrega dos premios máis acorde coa verdadeira austeridade que demandan os difíciles tempos polos que estamos a pasar case todos e case todas.”

4 comentarios:

Anónimo dixo...

O xantar non me parece mal so que eu debería ser o encargado de vender as entradas e despois xa veríamos quen iba a comer de balde. Cando se politiza todo, ese todo convertese nunha bazofia propagandística coa sensación cada vez mais forte de que os cidadáns nos toman por estúpidos, tontos e ineptos.

Anónimo dixo...

la comida del albariño la tienen que hacer cueste lo que cueste para que estos comedores y bebedores del pp se llenen bien a cuesta de nuestros impuestos y después el abraza eucaliptos del señorito alcalde canpeon del mundo de los mentirosos me dice que hay que tener paciencia que no hay dinero para arreglar el alcantarillado y se me llene la casa de mierda todos los días. si che dixera todo o que penso de ti, alcaldiño dos teus amigiños pegadores de papeles, estaria preso, pero porque non cho diga non deixas de selo, eu non che teño medo coma moitos veciños de cambados, o mundo da moitas voltas voltas e cando pases po lo meu lado tes que baixar o fuciño.non tes bergoña politica si miras esto que sey que o miras xa sabes quen son

Anónimo dixo...

que chonito non dis nada do noso amigo manolo paz que cando era pobre iba de anarquista e contra todo que fora de dereitas.o ban nombrar cabaleiro do albariño que pasa ahora tamen lambes cus manoliño o porqeiro. porque nom te negas e que non che comben cambia chaquetas

Anónimo dixo...

Coido que Manolo Paz aceptou ser nomeado cabaleiro porque, do contrario, o "feo" faríallo a toda a vila. Hai que lembrar que rechazou unha subención, creo que do Concello, porque, según el, nestes tempos os cartos habería que invertilos noutras cousas. Qué fácil é falar de "anónimo".

Fdo: outro anónimo.