21 de xul. de 2012

O PP,POR MEDIO DO CAPITULO SERENISIMO, NOMEOU CABALEIROS E DONAS PARA O ALBARIÑO

O brindis o sol do Alcalde Luis Aragunde  o de Gwyneth Paltrow non puido ser (por motivos de traballo, dixo o Alcalde pero en realidade foi un motivo de euros ou de dolares
neste caso) O Caprichoso  e PPopular Capitulo Serenisimo dictou sentencia   e todos os nomeados agás algunha honrosa excepción ,  non deixan de ser xente achegada o PP ou simpatizante deste partido  O acto que tradicionalmente se celebra o último domingo (día 5) no Patio de Armas de Fefiñáns e que esta vez será guiado pola popular  presentadora Paloma Lago. 

E os novos cabaleiros son  Jose Masaveu Ferreiro (director das Adegas Grupo Masaveu); Rafael Ansón Oliart (presidente da Real Academia Española de Gastronomía e  Comisario responsable dos temas institucionais, da cultura e da comunicación  de Marcelino Oreja –PP- ); Ramón Huidobro (secretario do Consello Regulador da DO Rías Baixas);Manolo Paz (escultor)  Abraham Olano (campión do mundo de ciclismo e director deportivo da Volta Ciclista a España) como Cabaleiros; e Ana Turpin (actriz moi coñecida nos últimos tempos polo seu papel de Andrea en Amar en tempos revoltos) e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato (PP), que serán nomeadas Donas.
Os jerifaltes do PP nomearon cabaleiros
O encargado de cruzarlles o peito coa folla de parra albariña, como manda a tradición, será o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e atreverase a vir este impresentable, esperemos que si ven este ano teña “un mellor recibimento” co ano pasado e todos vaiamos a “aclamalo”. Con todo, o alcalde cambadés e membro do Capítulo, Luís Aragunde, explicou que ocupará o cargo de Gran Mestre de xeito eventual porque o próximo ano, “con máis tempo para o ano facer a pantomima dos facer dos  trámites e abrirase ou prazo para ocupar ou posto” que, cabe recordar, tiña en propiedad o fascista   Manuel Fraga quen , se ninguen antes o impide,  se lle dedicará unha inmerecida  escultura que tanta polémica levantou e que se inaugurará no marco do Albariño aínda que a data aínda non está decidida, segundo Aragunde. Outra figura de relevancia, ligada ao evento é o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, Cabaleiro e un incondicional da festa que xa o ano pasado non puido asistir e que aínda non confirmou asistencia a esta edición e esperemos que veña a este o recibiment xa seria “atronador”, despois das calamadidades que lle está a facer pasar o pobo.
Ademais outórganse outros populares  recoñecementos, como o de Albariñense de Honra ao Padroado de Turismo Rías Baixas e á Confraría do viño de Ribeira do Douro, que será a entidade vitivinícola coa que se hermanará este ano, como xa é tradición; e como Xóvenes Albariñenses a Yago Becerra (director de Adegas Terras Gauda), Clemente Sequeiros (viticultor do Condado) e a Mariola Barona (directora de exportación de Martín Códax). En canto ás Follas de Prata será para Xavier Zas (xerente de Condes de Albarei), Cristina Carreira (técnica de campo do Condado), Galo (empresario de fitosanitarios), Rogerio Pereira (do restaurante Tulha, en Ponche de Lima, ?gran defensor dos seus viños e do albariño?), Manuel González (enxeñeiro xefe da Deputación), Juan Carlos Carballal (maxistrado), Jose Estévez (xerente de Viña Almirante) e Carlos Carrión (presidente de Vitivinícola Arousá). 

Ningún comentario: