24 de xul. de 2012

OS DISPARATODOS SOLDOS DOS ALCALDES DO SALNÉS. CAMBADOS, UN CONCELLO QUE TIRA OS CARTOS EN SOLDOS INÚTILES E REPETITIVOS

Hoxe pública un excelente artigo a Voz de Galicia sobre os soldos dos alcaldes da bisbarra e por orde de maior a menor son os seguintes:(por orden da foto e ingresos) Gonzalo Durán (Vilanova 10.719 habitante) 54.279 € e catro liberados. Jorge Dominguez (Meaño 5.426 h.) 51822 €.  Catalina
Gonzalez (Sanxenxo 17.586 h. ) 54.000 € e 3 liberados . Tomas Fole (37.743 h.) 51.604 € e cinco liberados. José Luis Pérez (Meis 4.988 h.) 47.000 € e 1 liberado. Luis Aragunde (Cambados 13.946 h.) 46.179 € e 1 liberado (esto merece unha reseña aparte). Manuel Vázquez (Illa de Arousa  5.020 h.) 44.832 €. Salome Peña (5.107 h) 41.000 €. E Alberto Garcia  (Catoira 3.489 h.) 35.900 €
Primeiro había que facer caso o presidente da Federación Galega de Municipios o popular José Manuel Rey que os alcaldes debían de cobrar por número de habitantes e non haber as diferenzas que hai no relación anterior. O primeiro que chama a atención e cantidade desorbitada en relación os seus habitantes que cobra o Alcalde de Vilanova e ademais con catro liberados, non nos estraña que Vilanova estea completamente arruinada, quen coño soporta istos soldos e por riba sen facer case  nada. Outra cousa que nos chama a atención e o que cobra o alcalde de Meaño e vicepresidente da deputación de Pontevedra que con 5.000 habitantes supera  en 3.000 euros o Alcalde de Vilagarcía que o que ten oito veces mais habitantes que Meaño. Hai que facer constar aquí tamén que tanto Sanxenxo como Vilagarcía tiveron que baixar os seus soldos xa que Catalina en principio púxose un soldo de 70.000 € e Fole 65.000 €, o escándalo foi maiúsculo e non tiveron máis remedio que rebaixalos.
CAMBADOS, UN CONCELLO  QUE TIRA OS CARTOS EN SOLDOS INÚTILES.
Aparte do soldo que cobra Luís Aragunde de 46.179 € hai que engadir unha media mensual de 1.500 euros en concepto de gastos de representación, dietas, viaxes etc. Ademais temos un liberado a media xornada que cobra mais de 25.000 anuais que  é Toñito Pombo. E aquí ven o mais grave, logo o Alcalde ten tres asesores que entre os tres , entre soldos, gratificacións e horas extras,  pasan de 77.000 euros o ano. A isto temos que engadir un arqueólogo (para que coño quere Cambados un arqueólogo se os únicos restos celtas? O Con de Sete Pías está abandonado) que pasa dos 21.000 euros anuais, un arquitecto que pasa dos 28.000 euros anuais e un asesor legal que anda preto dos corenta mil euros anuais, todo isto segundo datos publicados no blog do   BNG recollidos de documentación das xuntas de Goberno e plenos do concello. Sen nomear postos de dubidosa importancia para o concello como animadores deportivos, empregados de museos( a maioria están pechados)  etc. 
Aclarar os veciños de Cambados que aparte disto temos un Secretario que tería que facer as veces de Asesor legal está entre as misións do seu traballo, temos un minusvalorado arquitecto técnico municipal que debería facer as labores do arqueólogo e arquitecto pero téñeno practicamente para cousas menores para desgraza do Concello de Cambados e o Alcalde ten a súa disposición no concello aparte dos referidos tres  asesores un Secretario particular. E estes pídennos a nos que apertamos o cinto,  estes que van gastar unha burrada de cartos no concerto de Julito e na estatua de Fraga, o que había que apertarlles a eles son os co…. Despois parécelle mal que o pobo se revele contra eles.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Esto é indignante!!!
Os demáis que se jodan!!! (con perdón)

Así vamos!!!!

Anónimo dixo...

Eu non sei si os alcandes tiñan que cobrar por habitantes ou non, personalmento penso que non, que teñen que cobrar como cobraban antes de ser alcaldes (si é que tiñan traballo que para eso gardanlle o sitio)que o seu soldo nunca sobrepase o do funcionario mellor pagado do concello, que en casos como o de Sanxenxo, Cambados etc. antes de que cobrasen o seu primeiro soldo que truxeran xustificante de ter un nivel de estudios minimo de licenciatura. Que se deixasen de asesores privados, de liberados e demais amigachos, que fagan uso dos empleados públicos con orden e coherencia, que pensen no seu POBO non no seu PARTIDO ( algo imposible nos tempos modernos)Que se deixen de tirar os cartos. O PAÍS ESTÁ ASÍ PORQUE A MALLORÍA DOS QUE TEÑEN QUE DISTRIBUIR OS CARTOS SON UNHA FARTA DE IRRESPONSABLES, SEN PREPARACIÓN E SEN CIVISMO. E AHORA DISQUE QUE HAY QUE APRETAR O CINTO...O PESCOZO..........

Anónimo dixo...

pero ti ainda non o dis todo. porque o mais carallo e que o arqueologo por poñer un exemplo. traballa menos de 50 dias o ano