20 de xul. de 2012

OS FUNCIONARIOS CAMBADESES PROTESTAN NA RÚA SEN SIGNO POLÍTICO NIN SINDICAL

O funcionariado cambadés saíu onte á rúa en protesta aos recortes que o Goberno central aplicará aos seus dereitos laborais. A supresión da paga extra de Nadal está sendo o máis soado pero onte recordaban que sufriron outras medidas, segundo eles lesivas, como a conxelación de soldos desde fai
xa seis anos.
Os concentrados ante o Consistorio aproximábanse ao centenar e había representantes de todos os organismos estatais con presenza na capital do albariño. Desde persoal da oficina do INEM, do centro de saúde, os xulgados e ata do Concello. Ademais, se algo destacaron os presentes, é que o facían de xeito independente sen o amparo de ningún sindicato nin partido, só como traballadores "fartos" de que "Nos  ataquen  sempre a nós", declaraba o representante da xunta de persoal dos xulgados, Xaquín Charlín.
El e outros traballadores da administración pública foron os promotores desta iniciativa conxunta para facer máis forza pois anteriormente houbo pequenas concentracións en cada centro de traballo e non ofrecían a imaxe de malestar xeral que, aseguran, existe.
próximas accións
Charlín explicaba que os traballadores públicos están de acordo na necesidade de remar conxuntamente para saír da crise económica canto antes pero "cos recortes que nos aplican non se arregla  nada, só serve para tapar buracos". Moitos dos concentrados cren que o camiño do Executivo de Mariano Rajoy non é o correcto para salvar as dificultades e están dispostos a repetir as concentracións seguramente en setembro. 
L. R. CAMBADOS (DIARIO DE AROUSA)
PODER VER AS IMAXES EN TELE SALNES PREMENDO AQUÍ.

Fotos www.cambados.tk e Diario de Arousa 

Ningún comentario: