29 de xul. de 2012

SE GOBERNARA O BNG EN TODOS OS CONCELLOS DE GALICIA OS EMPREGADOS PUBLICOS NON QUEDABAN SEN PAGA EXTRA DE NADAL

Os concellos gobernados polo BNG aboarán a paga extra ás e aos empregad@s públicos
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, expresou
este sábado en conferencia de imprensa «a vontade do BNG de aboar a paga extra aos empregados públicos alí onde de nós dependa».
Os concellos gobernados polo BNG aboarán a paga extra aos empregados públicos porque a decisión do Goberno Rajoy de a suprimir é non só inxusta socialmente, senón tamén «inútil» para superar a crise.
Guillerme fixo este anuncio logo dunha reunión de traballo cunha representación de portavoces municipais, alcaldes, alcaldesas e deputadas e deputados do BNG.
Eliminar a extra vai contra os intereses das pemes e do comercio local
«Eliminar a paga extra é unha medida profundamente equivocada. A escala local, agravará aínda máis a crise. Reducir o poder de compra dos empregados públicos afectará moi negativamente a pequenas e medianas empresas, ao tecido económico nos concellos, ao pequeno comercio», afirmou Guillerme. Coa mesma contundencia coa que criticou a medida do Goberno Rajoy anunciou Guillerme a vontade do BNG de pagar a extra aos empregados públicos alí onde a formación nacionalista teña responsabilidades de goberno e a capacidade de así o facer. 

Ningún comentario: