23 de xul. de 2012

SOBRE 50.000 € CUSTARALLE O CONCELLO DE CAMBADOS O CONCERTO DE JULIO IGLESIAS.

Non é certo que o concerto de Julio Iglesias lle vaia saír gratis o concello de Cambados, tal e como nos está a vender a moto o ínclito do noso Alcalde. Consultados varios especialistas organizadores de concertos por esta páxina os mesmos
indicaron que aínda que a Xunta  sexa o ente que contratou o concerto e encargada de pagar o déficit se o houbera, do resto tense que encargar o Concello. 
É dicir a colocación do valado , que vai a un pico, é cousa do Concello, e non pode ser un valado calquera ten que ser un valado con certa consistencia que poida aguantar incluso ouleadas de xente como pasou hai anos no concerto de Chenoa en Cambados, onde varias persoas estiveron a punta de derrubalo, causando pánico entre certo sector do público. Outro dos gastos co que ten que correr  o concello é a seguridade, aparte da policía local ten que haber un empresa de seguridade que impida o paso certas instancias  mentres o artista estea actuando ou descansando. As haimas que tamén serán cousa do concello e de seguro que Julito non se vai conformar con calquera "chorrada" como os demais cantantes, e por último o "catering" que tamén terá que correr a conta do concello. Todo isto segundos os especialistas consultados andará sobre os 50.000 euros..

1 comentario:

Anónimo dixo...

si fora certo que o concello non pagara nada e fora a xunta a que pagara,ala que guapiños todos,coma si axunta fora propiedad do pp, non señor ,son cartos nosos de todos os galegos,non do señorito feijo por moito que el pense que e o puto amo ó quinto