27 de ago. de 2012

CONCIENCIA ECOLÓXICA, POR MARTIN COBAS.

Dun tempo a esta parte, Cambados é unha vila tranquila e sempre tivo moito encanto, só lle faltaba que os egocéntricos mandatarios que rexen os destinos deste pobo, baixen da
nube na que se atopan e salgan de vez en cando  dos seus confortables despachos e se dean unha volta camiñando polas corredoiras, pistas das parroquias, polos terreos baldíos e man comúns de tódolos cambadeses e cambadesas.
É obvio que as propiedades privadas, agás raras excepcións están limpas e arrombadas. Cambados durante todo o ano está sucio, menos no seu centro neurálxico, que por sorte para os que viven alí limpan tódolos días. 
Os que temos sorte e tempo para camiñar a miúdo, gozamos do privilexiado entorno que temos, procurando sempre denunciar por calquera clase de medios as cousas que están mal feitas ou as que están por facer porque lle queremos a Cambados. Tanto ou mais cos que dirixen os seus destinos.
Unha pequena parte dos veciños de Cambados e os seus suburbios, non teñen ningunha conciencia ecolóxica nin medio ambiental, tiran de todo por todos os sitios, non hai tampouco no concello ningún ente que sancione estas deplorabaeis conductas, pois funcionarios hai dabondo que apenas rascan bola, para exercer este traballo, que sen dúbida, levándose a cabo, daríalle moito prestixio o Concello no que vivimos.
Así como o noso alcalde de Cambados sabe en tempo e hora, todo o que pasa no seu concello, incluso algunhas intimidades que non debía de saber. E as mesmas fontes de información  das que dispón, os "chivatos" que lle meten todo no cu, saben tamén quen tira a lixo onde non debe, quen fai estragos nos dominios públicos, saben quen fan casas con permisos de "galpóns", saben todo, pero  non se decatan de nada, porque son correlixionarios afíns o partido maioritario que goberna. Unha liada rede "clientelar" o servizo da dereita máis rancia e reaccionaria.
UN ARTIGO DE MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.

1 comentario:

Anónimo dixo...

OLE OLE OLE,SI SEÑOR,POR FIN ALGUEN SE ACORDA DAS PARROQUIAS,TI SI QUE VALES MARTIN,CHON APRENDE.