20 de ago. de 2012

GRANDES PENSADORES DA HISTORIA: ROSA OUBIÑA (EX CONCELLEIRA DE CAMBADOS E DIPUTADA AUTONOMICA) POR RICARDO DOMINGUEZ REY

          E de recoñecer que Facebook e un gran invento, sobre todo para xente que coma min, que  estamos lonxe do noso amado pobo e quere manter contacto coa realidade cotidia do
mesmo,  outras veces permíteche contactar con xente da que fai tempo non tiñas novas e algunhas veces, coma nesta, grazas a enlaces coñecer as desvergonzas, pensamentos e tonterias que chega a colgar algún no seu muro.  
      Fai uns días chegoume o meu muro de Facebook un enlace sobre o maltrato animal, asinado entre outros por Rosa Oubiña, antiga concelleira no concello de Cambados e actual deputada no Parlamento de Galicia, a miña curiosidade levoume a entrar no seu muro (síntoo pero son un curioso crónico) e entre fotos do seu amado presidente Rajoy e alcalde Aragunde, atopeime isto (reprodución verídica): 
      Fai máis de 2000 anos decía MARCO TULIO CICERON:
"El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser disminuida, la arrogancia de los funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a otros países debe eliminarse, para que Roma no vaya a la bancarrota. La gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado."
Ano 55 a .C. (Sen palabras).
      Perdoa Rosiña pola expresión, pero eu non leo a Ciceron (aínda que ti tampouco, e mais, estou por decir que non tes nin rematada idea de quen era) :   
             ¡¡¡¡QUE OVARIOS TES, GUAPA¡¡¡¡¡¡¡
      Unha señora (por chamala de algunha maneira) que cando estivo non concello de Cambados, cobraba do mesmo, en calidade de dedicación semiexclusiva e, agora, nas Cortes Autonómicas cobra mais de 70.000 Euros anuais, entre soldos e complementos (datos sacados da paxina oficial do Parlamento de Galicia), ten o morro, a cara de facerlle unha critica os funcionarios públicos  (a maioría dos cales accederon a administración publica duramente tras unha oposición), a ti que te  enchufaron a dedo;  esta pensadora de pacotilla ten a desvergoña de dicir : “la gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado” ........... ¨¿non o dirás por ti non Rosa?  ¿Acaso falas de Aragunde, Tourís ou Louzán? Os cales coma ti, en canto puideron, viviron a costa do Estado, non o dubidaron.    
      ¿De que funcionarios falas, guapa?  ¿dos que cobran pouco mais de 1000 euros e o teu presidente lles a suprimido a paga extra de Nadal? funcionarios que ni de lonxe gañan o que ti gañas  e que, dende logo, traballan moito mais ca ti; e cando falo de funcionarios non so me refiro a administrativos, auxiliares etc. falo de médicos, enfermeiros,bombeiros, xente que tódolos días están salvando vidas, non coma ti que te limitas a votar o que che mandan no Parlamento e aplaudir as intervencións do teu portavoz de partido (cando vas) 
      Aquí os únicos arrogantes son os políticos coma ti que intentan dar clases do que precisamente non teñen de humildade, de dignidade, en resumidas contas de humanidade; políticos como o teu compañeiro de partido e Presidente de Baleares que ten o descaro de dicir que moita xente prefire vivir do subsidio do paro antes de saír  a buscar traballo; políticos como a deputada  Fabra do Congreso dos deputados  que lle di os parados : “que se jodan”
      ........ se tiveses un mínimo de vergoña, Rosiña, estarías caladiña, dándolle grazas  a Deus e bicando o chan por onde pasa o iluminado que un dia te colocou onde estas e non criticarías a xente que realmente a chegado onde está  por méritos propios a diferenza de ti.
      Na cita de Ciceron que che pasaron , porque, repito dubido moito que saibas quen era este personaxe, di tamén  “"El presuposto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser diminuída”   ¿iso non o dirás polo alcalde de Cambados? o cal derrocha os cartos do concello en estatuas estúpidas, en invitar a centos de come baldes no parador o domingo de albariño ou pulirse en apenas 4 meses mais de 8000 euros en comidas oficias etc. .... por si non o sabias,  ti que eres unha eminente política, o concello de Cambados ten actualmente unha débeda de mais de 3.600.000 Euros ( o 44 % do seu presuposto anual) e ti vesnos a falar de equilibrio no presuposto, que graciosa eres, bonita.   
      Quero finalizar cunha entrevista que che fixeron fai uns 8 ou 10 anos na radio, preguntábache a periodista que  libro estabas lendo ti dixeches toda chea “El Codigo Da Vinci” (creo que era esta obra pero non estou seguro) a continuación,  pregúntache de que vai, e a túa resposta (textual) : “bueno, en realidad, solo he leido la portada, pero lo tengo en la mesilla de noche para  leer”, e xa ves, hoxe en dia, vesnos citando a clásicos como Ciceron, calquer dia  nos sorprenderas con outra cita de Kant ou de Descartes, e o que ten ser unha persoa ilustrada e cultivada coma ti.   
      Despídome e, por certo, Rosa encantaríame que me agregases a túa lista de amigos de Facebook, seguro que non me aburriría. 
      Saúdos a todos.  
      RICARDO DOMINGUEZ REY

   
   

Ningún comentario: