8 de ago. de 2012

LUIS ARAGUNDE E SALOME PEÑA OS QUE MAIS “CLAVAN”. OS SEUS VECIÑOS

A recadación do IBI sobe máis en Cambados e Ribadumia.
A ORAL pon ao cobro os recibos que tamén aumentan pola orde Estatal.
Os municipios de Cambados e Ribadumia son os que máis aumentan este ano a recadación do Imposto de Bens Inmobles, IBI, que a ORAL da Deputación pon ao cobro.
O motivo, segundo explicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, é a revisión do catastro nos concellos. Pero tamén hai outra incidencia no incremento da recadación xa que unha das medidas económicas implantadas polo Estado este ano foi a subida deste imposto, que tamén se repercutirá no próximo exercicio económico. As unidades inmobles aumentaron no global dos municipios adscritos ao ORAL, coa revisión catastral en 16.975 en toda a provincia. 
Unha subida moito máis pequena que   esta  deu lugar a unha especia de golpe de estado en Cambados en 1986 que para vergoña de toda a xente de dereitas de Cambados temos o gusto de ter na nosa páxina a pelicula completa na columna de dereita,  no que pode ver como unha pandilla de incuatos, moi ben dirixidos por algúns listillos, entraron  a saco invandindo o Concello e querendo agredir o alcalde de Cambados daquela. Tiveron sorte os invasores xa que o Alcalde nacionalista  non quixo presentar denuncia contra ninguen. Unha vergoña para a historia da dereita en Cambados que por certo o PP omitiu, non sabemos  se por falta de memoria no seu libro "30 anos de historia do Partido Popular en Cambados" (de onde sacamos fotografia de mais abaixo). Meses despois desta especie de golpe popular,  houbo eleccións en Cambados e a PP subeu o poder con esta candidatura;
Nº 1.- Antonio Pillado Montero
Nº 2.- Santiago Tirado Serén.
Nº 3.- José Manuel Cores Touris.
Nº 4.- Emilio vieites Gondar.
Nº 5.- Manuel Noya Chaves.
Nº 6.- José Manuel Panadero González.
Nº 7.- Ramón Charlin Fuentes.
Nº 8.- Antonio Pombo Pérez
Nº 9.- José Vilas Villanueva.
Nº 10.- Isabel Varela Piñeiro.
Nº 11.- Maria Cruz Gomez Chaves.
Nº 12.- Antonio Piñeiro Piñeiro.
Nº 13.- Emilio Javier Montero Gamarra.
Nº 14.- Alejandro Padin Millan.
Nº 15.- Francisco Trigo Bugallo.
Nº 16.- José Benito Fuentes Reino.
Nº 17.- José Luis Suarez Prieto.
Nº 18.- Fernando Pombo Rodriguez.
Nº 19.- Antonio Rey Rey.
Algúns fillos dos que foron na lista colleron chollo no concello de Cambados e viven como Deus, ou beneficiaronse de concesións, e os demais que lle dean, despois non se van sacar maiorias absolutas neste pobo.

Ningún comentario: