19 de ago. de 2012

“RASTRILLO” BENÉFICO A PROL DE ESPERENZA SALNES.

As amas de casa organizan un "rastrillo" para doar fondos a Esperanza Salnés 
A asociación de amas de casa “Albariño”, de Cambados, presentou o venres  un “rastrillo” solidario co que pretenden
recadar fondos que entregarán ao colectivo Esperanza Salnés, de atención a discapacitados.
O mercadillo foi aberto o venres  pola tarde no baixo do Pazo de Torrado. Animan a todos os veciños e visitantes a realizar compras nel dado o carácter solidario da iniciativa ou ben entregar directamente donativos desinteresados.
A crise e os recortes administrativos pon aínda en máis apuros o financiamento de Esperanza Salnés, que ve en actos como este oportunidades crave para poder seguir desenvolvendo o seu labor social.
A Asociación de Amas de Casa de Cambados “Albariño” é unha das poucas organizacións cambadesas  que foi quen de aparte de invitar o Alcalde Luis Aragunde invitar tamén os concelleiros da oposición,  o que agradecemos  publicamente. a ver se aprenden outras entidades do pobo.
O “rastrillo” está aberto dende o 17 de Agosto ate o 9 de setembro e colaboran no evento a Merceria Bárbara  (monitora de Patchwork e labores infantís de vilanova de Arousa) e a Imprenta Fidalgo.
Ademais podes axudar a Esperanza Salnés, ou ben afiliandote, ou facendote socio colaborador ou aportando o teu donativo na conta  2080-5414-68-3040108244 e Novagaliciabanco de Cambados.


Ningún comentario: