06/08/2012

REFLEXIONS SOBRE OS ACTOS DE PROTESTA NA INAUGURACION DA FESTA DO ALBARIÑO. POR RICARDO DOMINGUEZ REY

 O pasado día 1 de agosto inaugurouse a LX Festa do viño albariño no Paseo da Calzada, e,  dende logo, se por algo será recordada esta inauguración, con respecto a moitas das
anteriores é polo feito da protesta pacifica, orixinal e exitosa levada a cabo por un grupo numeroso de xente (dende logo moitos  mais dos 50 que decia a Policía  Local) contra a decisión caprichosa, partidista e caciquil do alcalde de levantarlle unha estatua a unha persoa tan deplorable coma Manuel Fraga. 
      
      Ante todo a miña felicitación ós organizadores do acto por unha forma de protesta tan intelixentemente levada, felicitaros a todos ós participantes por non caer nas provocacións dos catro descerebrados de sempre que parece que añoran tempos pasados e non se dan conta que a dictadura hai tempo que acabou e que todos temos dereito a manifestarnos libremente. 
      
      Tamén quería aproveitar para destacar dous puntos cando menos curiosos, o primeiro as declaracións posteriores do alcalde nas que,  por un lado,  chama de folclore propio da festa, ditas manifestacions e por outro lado, e cito textualmente do Faro de Vigo do 2 de agosto : “somos democratas y todo el mundo tiene derecho a ejercer su libertad de expresión, pero habria que respetar mas a los bodegueros y los cosecheros”; por empezar por esto ultimo, querido alcalde, tes mais cara que espalda (e iso que ti de espalda vas ben armado), non sexas cínico e deixa de rirte de todo o pobo, ti  non tes nin idea do que é ser democrata..... tomas o concello coma si fose a túa finca particular, con decisions propias de alcaldes franquistas e queres darnos clases de democracia, tápate un pouco e deixa de dicir parvadas que se te ve o plumeiro, nos non lle faltamos o respeto nin aos bodegueiros nin aos cosecheiros, en todo caso, faltaríalles ti ao intentar adxudicarlle a eles á auditoría da estatua do teu amado Fraga, a nosa protesta foi pacifica, apolítica (que eu sepa nadie levou nin coreu consignas de ningún partido) e educada (a pesar de que tivemos que aturar a mais de catro dos vosos adlateres).
      
      En canto o do folclore, o único folclore presente na festa do albariño e saber cada ano a que membros e simpatizantes do PP nombraredes cabaleiros e donas do albariño, vos si que habedes politizado a Festa do albariño no voso beneficio e proveito, Luís, aconséllote que aprendas o que é  ser realmente ser un demócrata e respeta ós teus veciños que son o fin e o cabo os que tes que  servir.  
      
      O outro punto que quería destacar e a xa famosa conversa entre Rafael Louzán e Xaquín Charlín “Chon”, cando menos curiosa que como testemuña directa vivín; o primeiro que quero destacar e  cara de compunxido que lle poñía Rafael Louzán cando lle decia a Chon que se metía  con él  dende o seu bloc no terreo persoal (eu dende logo non sei de onde sacou iso), e que tamén que estaba disposto a tomar un café cando quixese para falar, sinceramente, eu, debo felicitar a Rafa Louzán polo bo actor que é pois se por algo se caracteriza o PP en xeral y, sobre todo, en particular (e mais en Cambados), é pola falta de dialogo (acaso Luís Aragunde chamou ó PSOE e ao BNG para dialogar sobre a conveniencia de levantarlle unha estatua a Fraga), persoalmente penso que tanto Louzan como Touris ou Aragunde están tan acostumbrados a ter os catro pelotas de turno o seu redor que non se dan conta que a vida politica consiste precisamente en iso, en que cando non o fas ben (e por desgracia no seu caso ocorre moitas veces) e lexitimo criticalos, persoalmente Xaquin (coma eu) non criticamos o Rafael Louzan persoa senon exclusivamente o Rafael Louzan politico (e dende logo nese eido hai moito que rascar); Rafael douche o mesmo consello que Luis, sede mais humildes e non vos miredes tanto ó ombligo. 
      
      Para finalizar e dado que estamos falando de homenaxes, e xa que saleu o tema, felicitar a Xaquin “Chon” e a Oscar Planas polos seus blocs, para que segan a ser unhas “moscas cojoneras” que polo visto para algo serve e que dende logo sempre contaran con meu humilde apoio.
      
      DISFRUTADE DO ALBARIÑO E SAUDOS 
      
      RICARDO DOMINGUEZ REY
      
      
      
      
      
      
      
      

      
      

Ningún comentario: