8 de ago. de 2012

UN ANO MAIS REMATOU O ALBARIÑO POR MARTÍN COBAS

Un ano mais rematou o Albariño, deixando o seu paso moreas de merda pola nosa vila, feirantes e ruidosas atraccións por tódolos currunchos sen control gánanse a vida. ocupando estradas e veira rúas cos seus improvisados  "chiringuitos"
contaminando o noso entorno con estridentes decibelios de son dabondo, que nos traladran os tímpanos dos oídos para sempre.
Inféctase o chan, pouca a pouco, de baldeiras e escachadas botellas, facendo de cada curruncho un mexadoiro depositando orgánicos restos facendo inhabitables todos os aredores, convidando a parte dos nosos visitantes a fuxir lonxe moi lonxe da nosa vila. ¡Que mais da! Total a fin e o cabo, do que se trata e de recadar de calquera xeito, xenerosos impostos, para axudar a pagar as perdas cuantiosas que dá esta macro botellón, no que se converteu a Festa do Albariño. Organizado con moi boa intención  polo noso opulento equipo de goberno e así evadir a xente dos gravísimos problemas nos que transita a nosa ignorante sociedade.
Os xardíns e zonas verdes son tomados a forza por carabanas e rulots con toda clase de aparellos campando as súas anchas, embelecendo por uns días o noso xa arruinado patrimonio cambadés.
Tanto ten, o fin e o cabo quen soporta tan esplendorosa paisaxe somos os ignorantes veciños, pois os serenísimos cabaleiros da honorábel orde coas súas ridículas capas,séntanse nas torneadas cadeiras do Concello, mentres non van a xantar, sorrindo as cámaras, flaxelándose coas labores do viño no patio de armas do pazo, xantan a base de ben e de gorra, reconfortándose os doces  con honorables e distinguidas follas de ouro pola encomiable labor a prol de noso Albariño aínda que non fagan, nin teñan nada que ver co viño.
Rematada a festa , cheos como bacoriños montan nas súas impecables limosiñas e lárganse, ríndose da sopa boba, mentres tanto os sufridos nativos do pobo, ademais de pagar a escote as débedas que a festa xenera, quédanos as caras de parvos, mentres vamos gozando da paisaxe dos  arrecendos que o famoso caldo nos foi deixando. Si , só son cinco días non é para tanto, dende logo os veciños non temos ningún aguante.
Os concertos son un autentico esperpento descatalogados artistas de setenta anos ou mais cobrando inxentes cantidades de diñeiro, coa que cae, que ademais, non axudan para nada o noso pais, levando os poucos cartos que quedan , para aloxados paraísos fis cales nos que viven. ¡¡¡VERGOÑOSO!!!
MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.

Ningún comentario: