16 de ago. de 2012

X FESTIVAL XIRONSA, UNHA DÉCADA HOMENAXEANDO A NOSA MÚSICA

Xa está aquí o X Festival Xironsa, este ano mais cargado que nunca de avtividades varias pois cumpre xa unha década este  coñecido festival. A asociación cultural botou os seus restos
e o 25 de Agosto en Cambados, máis concretamente na praza da Seca en Corvillón vaise a aburrrir só o que quiera, porque se tes gaña de Troula os de Xironsa vanche celebrar unha festa por todo o alto. 
Así ás 12 da mañá pasarrúas a cargo do grupo Xironsa, as 14 h. Xantar Popular, as 16 h. animación, as 17 h. campionatos de Escoba, de Rá infantil e de Chave. As 17.30 horas xogos populares, carreira de sacos, zancos, carrilanas e tiro de Corda. As 21 horas Fiestival Xironsa coa actuación estelar de Bou de Bou, Canivela e Grupo Xironsa. As 22,30 horas mexiloada gratis, entrega de premios e sorteo dunha cesta. E as 23 horas e ata que o corpo aguante Charanga OT e Sesión Friki Disco. O Xantar está composto de empanada, churrasco, viño, auga e pan, postre e café. Os prezos moi asequibles, así os nenos menores de cinco anos é gratuito, de 5 a 14 anos custalles 5 € e de ahí en diante 10 €. As tarxetas están a venta nos seguintes establecementos: Fatima Costa, Supermercado Solymar, Supermercado Claudio, Drogueria Casaldarnos, local da Asociación Cultural (antiguo colexio de Corvillón), ou no telefono 645827205, a data limite para a retirada de tarxetas é o vindeiro 21 de Agosto, para acudir o xantar e imprescindibel presentar invitación.
Esta Asociación Cultural está a facer unha labor impresionante en Cambados, ademais inclue nas clases a todo mundo, pero todo esto, o meu xuizo, non seria posible sen unha persoa en concreto o gaiteiro Nacho que ten un enorme grupo humano por detrás,  que está a facer unha labor fora de toda dúbida a prol da nosa lingua, as nosas costumes e sobre todo da nosa música. 



GRUPOS PARTICIPANTES NO FESTIVAL XIRONSA DESTE ANO:

BOU DE BOU
CANIVELA
XIRONSA

CARTEIS ANUNCIADORES DO EVENTO: 






Ningún comentario: