25 de set. de 2012

A CORPORACION CAMBADESA CELEBROU HOXE DOUS PLENOS E NON COBRARON NINGÚN.

A veces saltan a prensa casos polemicos como o da Deputación Provincial de Pontevedra, que nun pleno de apenas cinco minutos cada deputado provincial cobrou catrocentos e pico de euros. Pero non saltan a prensa casos como o acontecido hoxe no concello de Cambados, onde
todos concelleiros derón un exemplo de austeridade e responsabilidade cara a ciudania. 
Hoxé celebraronse dous plenos, un especificio e como unico punto do orde do día o sorteo e designación dos membros das mesas que se constituirán para as eleccións ao parlamento de Galicia que terán lugar o día 21 de outubro do corrente ano 2012  e o outro tamén como unico punto do orde do día acordo que proceda respecto do cese, por falecemento de D. Rafael Blanco Guerreiro, Concelleiro do Concello de Cambados, que durou aproximadamente dez minutos. Por razóns de regulamento orgánico non se poidan celebrar os dous puntos do orde do día citados nun pleno só. Dicir que a celebración destes dous plenos non lle custou nada as arcas do concello cambadés onde cada concelleiro cobra por asistencia a pleno 100 euros. Neste caso de común acordos todos os grupos politicos PP, BNG e PSOE acordaron non percibir cantidade algunha pola asistencia os mesmos, en total 3.400 € que quedan nas arcas municipais, eviddentemente non é ningún mérito, pero esta ben que se saiba.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Enhoraboa a todos. Seguide asi, co que cobrades no voso traballo xa vos chega. O fin e o cabo, non decides que non vivides da politica, que e unha vocacion pois eso. O unico que lle pertence cobrar e o alcalde. No da cantidade xa non entro. Pero creo que estiveches todos de acordo cando se aprobou. Gracias .