17 de set. de 2012

ARAGUNDE, GRAN EXEMPLO (do que nunca debe ser un alcalde) , Por Ricardo Domínguez Rey

    “Chon é un cabrón”, “Xaquín esta tolo”, “Charlín e un maleducado”....cando fai uns meses empecei a colaborar con este blog, algúns mostraban a súa estrañeza  pois non
entendían que vertese a miñas opinións nun medio, para algúns, tan particular. 
      Dende logo non serei eu quen critique a liña editorial deste ni de ningún outro medio, Xaquín Charlín( como responsable de dito blog) está no seu lexitimo dereito de dar informacións, de  expresar as súas opinións como considere oportuno dende a liberdade de expresión, co  o seu estilo, as súas formas pero, dende logo, son tan respetables coma as de calquera outro. Fai unhas semanas falaba cunha amiga  periodista, moi boa por certo (e lectora deste blog), e me comentaba que Xaquín peca de faltón, que a veces recurre   nas súas ilustracións  a imaxes demasiado ferintes  ou de dudoso gusto, opinión coa que moita xente estará da cordo pero que, que en ocasións, é un recurso periodístico mais; e  que , por exemplo, utilizaron publicacións míticas como “El Papus”, revista, xa desaparecida, de finales do franquismo (e que en 1977 sufriu un atentado terrorista da extrema dereita) ou, mais, recentemente “El Jueves” a cal, afortunadamente, segue publicándose.   
      O que está claro é que, polo numero de entradas e  visitas, este  blog é moi seguido xa sexa  para criticar o seu autor, por curiosidade, por coñecer o seu punto de vista ou simplemente por coincidir co que aquí se fala e se  comenta. 
      Resalto todo isto porque do que non teño a mais mínima duda é de que Xoaquín Charlín González, con todo o que poida ser, do que todo o que se lle poida chamar, repito, non dubido en absoluto, que, no momento en que entra no salón de plenos do concello, en calidade de membro da oposición, sabe gardar as formas, e a súa actitude é a que corresponde ao cargo que ostenta; ten a responsabilidade de representar a xente que o avalou co seu voto e lle dou a súa confianza; todo isto é extensible  a Víctor Caamaño Rivas e María Xosé Cacabelos Domínguez do BNG e a Rafael Blanco Guerreiro, Fátima Abal Roma e a Lucas Vieites Fariña do PSOE, destaco os nomes destes homes e mulleres porque, persoalmente, teñen todo o meu ríspeto  e admiración, pois, hoxe por hoxe é moi complicado realizar a función que veñen realizando como oposición no concello de Cambados, tendo que aguantar a mala educación, os atropelos e os improperios do alcalde e os seus esbirros.  
      A última mostra de todo isto foi o pleno do 30 de agosto, no que se tratou as contas municipais,  non  só  polo famoso “¡non me jodas Víctor!” no   que demostra  o alcalde que non ríspeta nin a institución nin o cargo que ostenta senón pola actitude mostrada ao largo do pleno tanto por Aragunde como polo resto dos seus concelleiros. 
      Nunca ocasión díxome un político,agora medio retirado,  que uns dos cargos mais reconfortantes, mais bonitos que pode haber no eido da política é o de alcalde, non pola súa relevancia (salvo que o sexas de Madrid, Barcelona ou algunhas das grandes capitais) senón porque é un  cargo no que te escolleron os teus veciños, os teus concidadáns, xente que en moitos casos veuche nacer e crecer, e porque rexerás o goberno do pobo no que te criaches e no que vives;  Luís Aragunde é un dos peores alcaldes da historia de Cambados, non teño a menor dubida, minte ( ¿queda alguén que dubide de que idea da estatua de Fraga partiu do concello?), é parcial, subxectivo, antepón os seus intereses persoais e os do seu partido aos de todo un pobo, goberna de forma caciquil e déspota, coa súa actitude nos plenos ademais de faltarlle ó ríspeto os membros da oposición como persoas, fáltalle o ríspeto a toda a xente que votou por esas formacións políticas, igualmente, fáltalle ó ríspeto a xente do PP que lle dou o seu voto e que  con esta actitude non esta  respondendo á confianza dada; o problema non é que non teña aptitudes ou as capacidades intelectuais necesarias; para ser alcalde dun pobo como Cambados non hai que ser licenciado en ciencias políticas, é tan sinxelo como procurar gobernar para tódolos veciños, por igual e aplicando un criterio correcto para cada decisión. 
      O problema do alcalde de Cambados é , simplemente, que é un lacaio, só obedece a voz do seu amo que non é outro que Tourís  que é realmente quen segue a gobernar en Cambados na distancia ¿acaso alguén o dubida?, Aragunde soamente está agardarlle ó sillón, non ten criterio nin discurso e segue a ser o que sempre foi o chico dos recados de Tourís e que aínda hoxe estase a preguntar como chegou a alcalde; dende logo, nin  o personaxe  podía chegar tan alto nin o cargo caer tan baixo. 
      O alcalde de Cambados (e os seus servos) coa súa actitude fáltanlle o ríspeto a todo un pobo, pensan que o concello é a súa finca particular (o tema do Pinal da Maza é bo exemplo de elo) a a súa actitude nos plenos e un reflexo mais desa forma de facer política. 
      En canto a resposta que o alcalde  lle  dou o grupo socialista dicíndolle que o escrito que presentaron tiña faltas de ortografías é a  resposta mais clara que pode dar un mediocre, aínda que iso fose certo, que non o sei ¿acaso as supostas faltas de ortografía réstanlle contido ó escrito? ¿desvirtúan o que alí se está formulando? ; repito,  é a resposta dun mediocre que como non ten que contestar ou non pode rebater o que lle están expoñendo intenta desviar o tema a un simple formulismo e demostra a catadura moral de quen está a gobernar Cambados; dende logo, entre a capacidade linguistica de Aragunde e a facilidade de Rosa Oubiña para citar ós clásicos, poderiamos cubrir os sillas vacias da “Real Academia da Lengua”.
      En canto a resposta que dou  Euloxio Pomares dos  xubilados que cobraban 150.000 euros, dende o experiencia que  me da coñecer a esta persoa dende fai 37 anos e sabendo que non o fixo dende o cinismo,pois eu sempre o  tiven por unha persoa cabal (e salvo que  cambiase moito dende a última vez que falamos) quero pensar que a resposta foi  fruto do nerviosismo pois estou seguro que el sabe tan ben coma min que non hai pensións públicas desas cuantias (e que por desgraza, en moitos casos,  son mais ben  todo o contrario, é dicir, escasas ). 
      Tamén falouse no pleno do 30 de agosto do suposto éxito da etapa Cambados / Pontevedra  da vuelta ciclista a España do dia anterior, que non dubido que levase xente as rúas de Cambados pero da suposta promoción e repercusión que o pobo  tería na televisión podo dicir que foi nula por moito que digan Aragunde, Louzán ou Tourís, para elo baséome en datos, facilmente comprobables: 
      A audiencia desa retransmisión foi de 1.553.000 espectadores con un share do  13 %, que para o que non este familiarizado con audiencias televisivas, direille que é un resultado moi pobre ( a outra retransmisión deportiva dese dia da primeira de Televisión Española acadou 9.000.000 espectadores e un 53% de share),  como anécdota comentar que o programa mais visto a hora que se retransmitía  a volta era “Sálvame” en Telecinco con 1.837.000 espectadores e un share do 17 %  polo que eu aconséllolle a Aragunde, á luz destes datos , que se quere promocionar Cambados, se invente un “affaire” con Belén Esteban; podería saír  en Telecinco amosando lugares do noso pobo; por exemplo frente a Torre de San Saturniño podía dicir, mirando compunxido  á cámara: “aquí xureille amor eterno a Belén”,  na plaza de Alfredo Brañas, sentado na terraza da “A Leria” comentaría: “aquí Belén e eu  compartimos unha botella de albariño” ou na plaza de Fefiñans podería dicir: “aquí díxenlle a Belén que era tan fermosa como este pazo” podo garantizar que saldría mais barato, a deputación non se gastaría 150.000 euros para nada  e seria mais promoción para Cambados,  creo que xa está tardando en facer dona do Albariño a ex de Jesulin.  
Por certo, unha dubida que se me ven a cabeza xa que falamos do “Serenísimo Capitulo dos Cabaleiros do Albariño” se finalmente Jaume Matas, é condenado a ingresar en prisión pola sentencia recurrida ou por algunha das mais de 15 causas pendentes de xulgar, preguntome se lle quitaran o titulo de Cabaleiro do Albariño pois non creo que quede ben que o  nobre nome do noso pobo e do noso viño quede mesturado con un delicuente e, mais,  pola categoría de delitos cometidos; menos mal que os nosos políticos do PP en Pontevedra, non son coma este suxeto, todo o contrario son honradísimos señores que viven do seu soldo e non  confunden a súa actividade pública con negocios privados (deixémolo aí).  
Quería acabar cunha anécdota persoal para que vexades que hai outras formas  de facer as cousas, como xa vos contei eu vivo en Catalunya, nun pobo similar en tamaño e poboación a meu amado Cambados, non é tan bonito pero fanse as cousas medianamente ben, para o que teña curiosidade chamase Llissa de Munt e para que vexades que non todos os políticos do PP son iguales, neste pobo goberna en coalición PSOE e PP, pois resulta que fai uns anos este concello quixo facerlle unha homenaxe a un dos seus veciños ilustres como é Francisco Ibáñez, quizais, o nome en si non vos diga nada pero si vos digo que é o creador de personaxes tan famosos como Mortadelo e Filemón, Rompetechos, el botones Sacarino e un largo etc.  mais de un  recordará capítulos da súa infancia (coma min) e que a dia de hoxe aínda continua ó pe do cañón, facendo pasar ratos agradables a moitos nenos (como ó meu fillo maior) pois como dicía, o concello para homenaxealo decidiu dedicarlle un parque infantil, cabe dicir que non ó fixo a escondidas ni atribúolle a súa auditoría a ningún suposto sector, todo o contrario,  o publicitou  con suficiente antelación para que a xente fixese chegar as súas suxerencias, opinións etc. solo  dicir que Don Francisco, hoxe en dia, ten en este pobo un parque  dedicado mentras que penso en toda á película (cómica) que Aragunde fixo no meu Cambados a conta da estatua a ese falso demócrata que foi Manuel Fraga Iribarne.  
Por certo ¿entearémonos algún dia canto custou realmente a estatua de Fraga? ou quedara baixo o segredo de sumario  a que nos ten acostumado o ilustrísimo Sr. Alcalde Aragunde.  

Sin mais saludos a todos 

                  RICARDO DOMINGUEZ REY 
      
   
   

Ningún comentario: