6 de set. de 2012

AS PALABRAS NECIAS DUN PRESIDENTE IMPRESENTABLE , POR RICARDO DOMINGUEZ REY

  “Hoxe Galicia paga e Catalunya pide”, fai uns días o presidente Feijoo, facía  estas declaracións no marco da presentación das próximas eleccións  galegas, do próximo  mes de outubro. Debo dicir que me sento indignado ante tales
declaracións, primeiro como galego de nacemento, sentimento e corazón e despois coma catalán de adopción e , sobre todo, como pai de cataláns. 
      A realidade e moi distinta, non se trata de  se  Galicia paga  e Catalunya   pide, senón do contexto e os motivos nos que  Galicia paga e Catalunya  pide, e, que neste tema, coma en outros moitos, nin todo e branco nin todo e negro.  
      Dende logo o sr. Feijoo fixo estas declaracións a sabendas  de que non son de todo certas ou, peor aínda, dende unha ignorancia impropia do seu cargo,  o cal e mais grave e, dende logo, o descalifica para ocupar o cargo que ostenta. 
      Antes de seguir, deixádeme que vos dea uns datos que nos situará en todo o que aquí se está   a tratar:
      Catalunya con unha poboación de mais de 7.600.000 e un PIB per capita de 27.589 euros e a primeira economía de España, aportando ao PIB total do estado mais dun 18,5 % o que representa, case, unha quinta parte do mesmo. Dende o punto de vista fiscal, e, en canto a contribución tributaria per capita (tomando 100 como media),  Catalunya aporta un 118,5 % as arcas do estado ( Galicia está nun 90,5 %), en canto os recursos autonómicos recibidos, e tamén sobre 100 de media, Catalunya percibe un 98,9 %  (Galicia percibe un 111, 6 %), de forma mais gráfica, de cada 100 euros que o estado recauda en Catalunya, 43 se destinan a outras comunidades; todo isto sen entrar no debate da deuda histórica do estado con esta comunidade; a vista destes datos penso, sinceramente, que a Catalunya se lle pode acusar de moitas cousas pero, non dende logo, de que non aporta como o que mais o sostemento e ao financiamento de España. Cabe dicir, que se Catalunya tivese un réxime fiscal propio, como no caso de Euskadi, non necesitaría axuda nestes intres tan difíciles. 
      Estes datos  coñécenos perfectamente o sr. presidente Feijoo e si “hoxe Galicia paga” como di e porque existe o que se chama “solidariedade autonómica” no que as  autonomías que mais teñen, aportan mais e reciben menos para que outras autonomías, que teñen menos e, por tanto, aportan menos, reciban mais.
       Catalunya pideu un rescate iso e innegable (como probablemente o teña que pedir España en Europa) pero unha crise económica,e sobre todo, financeira e bancaria coma esta, cébase moito mais  nas zoas mais industrializadas (como Catalunya), no que a totalidade das empresas recorren, xeralmente, a produtos bancarios  (liñas de crédito e desconto, pagares etc.); aquí a crise está sendo moi dura (como en moitos sitios) coa insolvencia de miles de empresas, arrastrando, a súa vez,  a familias e a propia administración autonómica,  o que supón un lastre moi difícil de superar por si solo para Catalunya, e se Catalunya, por primeira vez na historia,  pide axuda, de agradecidos e devolverlle unha mínima parte do que ela leva aportado ( e seguirá  aportando). 
      Tamén resulta, cando menos curioso,  que Feijoo dixese “Catalunya pide” e non “Valencia pide” ou “Murcia pide” pois estas dúas comunidades tamén pediron axuda; unha mente maléfica  podería pensar que coma nestes dous sitios, goberna o PP, a Feijoo non lle interesaba resaltar este dato pero, dende sempre, o PP tende a meterse mais con  Catalunya que co resto, quizais, por que a teñen debaixo dun dente e porque aquí nunca pasan de ser a cuarta forza  política por detrás de CIU, PSC/ PSOE e ERC, isto e debido, en boa medida, a que en Catalunya hai unha dereita mais europeísta, demócrata e mais acorde cos tempos que corren representada por CIU, lonxe da dereita retrograda, acartonada e caduca que aquí, igualmente,  representa o PP. 
      Tamén debo destacar a resposta pacifica e madura dos medios, dos políticos e da sociedade catalana, en xeral,ante as palabras de Feijoo, considerándoas, simplemente, unha bravuconada, produto quizais dos nervios ante a próxima cita electoral. 
      Galicia e Catalunya son dúas grandes nacións ( si esta ben dito) , nacións, por historia, idioma, cultura, tradicións, identidade propia  e un largo etc, dentro dun estado plural, que  moitos melancólicos de tempos pasados  rexeitan e que pensan que aínda estamos en “una grande libre”. 
      O que podo garantizar dende logo porque o vivo no dia a dia  que Galicia e os galegos, os galegos e Galicia  son un dos pobos mais queridos, apreciados e admirados  en Catalunya, moito mais que de  outras zonas de España, de feito, existe en Catalunya a expresión que eu, persoalmente,  escoitei en moitas ocasións “no existe un gallego tonto” para destacar o carácter emprendedor, aventureiro, que sempre se nos asociou, tamén se nos asocia tradicionalmente (e erroneamente) cun carácter conservador, inconvenientes de compartir patria chica con Franco, Fraga e , sobre todo, o gran estadista Mariano Rajoy. 
      Para finalizar deixade que vos conte unha anécdota persoal, fai case dez anos, cando se produciu  a traxedia do Prestige, a traxedia ecolóxica mais grave de Europa hasta hoxe, por moito que enton Mariano Rajoy falase duns “hilillos de plastilina”, eu acababa de chegar a Catalunya (apenas levaba uns sete meses vivindo aquí), pois como dicía, ante tal traxedia, sorprendeume e emocionoume   moi profundamente a resposta da sociedade catalana, centos, miles de estes cidadáns, acudiron a Galicia; dende aquí (coma de moitas partes de España) saíron xente que montou nun autobús e meteuse entre peito e espalda mais de mil kilometros por carretera para limpar praias de pobos que nin sequera sabían que existían, cataláns que nunca foron de vacacións a Galicia, pideron días de permiso no seu traballo, días da súas vacacións estivais para acudir en socorro de Galicia, cataláns que se arremangaron ata arriba e puxéronse hasta as cellas de chapapote, non como Feijoo que cando se puxo para a foto, apagando a fogata dun incendio, coa manguera na man (da que tamén aguantaba o inefable Aragunde) parecía “un chico pijo de colegio acomodado listo para salir de vinos” . Tamén e certo que na inmensa maioría dos casos foron moi ben recibidos, cousa que me manifestaron, especialmente, a volta, aínda que en casos moi aislados, algún alcalde de algún pobo (que non nombrarei porque o pobo non ten culpa do seu alcalde) intentara espantalos porque non lle interesaba que se chegara a saber  a gravidade do asunto, intentando dar unha falsa sensación de normalidade.    
      Espero que a próxima vez que Feijoo fale non lle falte o ríspeto a todo un pobo como nesta ocasión, non por ser Feijoo senón porque representa a Galicia, a todo un pobo que non ten porque cargar coas súas impresións partidistas e subxetivas. 
      Un saúdo a todos
          RICARDO DOMINGUEZ REY
      

4 comentarios:

Anónimo dixo...

non vin eu que cando os catalans dixeron que o ave non lle facia falta os gallegos que non o mereciamos que defenderas a tua terra pero claro como non vai contigo esto por que ahora vives en la ciudad.a sangre da terra non se vende nin por politica nin por nada e menos ante os catalans que se creen o cu do mundo

A TI MEU CAMBADOS dixo...

A min personalmente pareceme un “señor artículo”. En canto do AVE por que non criticas a Rajoy que dixo que vendrá a Galicia no 2018, por dicir algo (porque ti e mais sabemos que é imposible que veña nesa data), si o dixera Zapatero estariades poñendo o grito no ceo.

Anónimo dixo...

Personalmente o AVE podeno meter polo cu Rajoy a Zapatero e viceversa. Non sera mellor que arreglen as carreteras que estan bacheadas e quiten de unha vez os asquerosos peajes.Son todos iguales. Pero os politicos catalans son do peor que hai en este pais. E digo os politicos non os ciudadanos de a pe que pagan os impostos e os altisimos soldos. Sabedes que o alcalde de Barcelona cobra mais que o presidente do Goberno. O de antes e o de agora.

Unknown dixo...

Resposta ao Anonimo do 6 de septiembre de 2012 18:45

Estimado amigo anonimo, ante todo, aconsellarte que cando fales dun tema te documentes minimamente, os que criticaron o AVE a Galicia non foron os catalans en xeneralidade senon certos politicos catalans e direite mais, antes que eses politicos criticasen o AVE xa o critiquei eu, porque non ten sentido.....un AVE e rentable cando compite en tempo e pasaxeiros co avion cousa que non sucede neste caso, Galicia ten a segunda liña ferroviaria mais rentable de España que e o eixo Vigo = Pontevedra = Santiago = A Coruña e para de contar, as demais son deficitarias, por exemplo a liña Santiago = Ourense hai dias que non leva nen 10 pasaxeiros, o que e inconcedible e construir por construir ¿sabias que España coa mitade de poboacion que Alemania ten mais do doble de aeropuertos (48 frente a 20), alguns vergonzosos como o de Castellon que nen sequera ten licencia para operar.

Tamen dis que non vai conmigo porque "agora vivo na cidade" para o teu conocemento direiche que vivo en Catalunya pero nun pobo incluso algo mais pequeno que o meu amado Cambados (onde sen ser perfecto dito pobo fanse as cousas medianamente ben o que me permite facer a comparativa coa desastrosa xestion de Aragunde).

Falas da sangre da terra e venderse ¿acaso te crees mais ou mellor galego ca min? deixame que che pregunte unha cousa ¿que e mellor pai aquel que di sempre que o seu fillo e o mellor, o mais guapo etc. ainda que sexa mentira ou o que recoñece as virtudes e os defectos do seu fillo e loita por potenciar as primeiras e disminuir os segundos? eu quero moito a Galicia, mais se cabe dende que estou fora, e seguirei a criticar o que considero que esta mal, empezando polos cacequismos de suxetos coma Aragunde, Louzan ou Touris, mal que che pese a ti ou a calqueira.

Finalmente falas de que os catalans se creen o cu do mundo, con eso demostras, por un lado, un odio, un desprezo, e por outro lado un desconocemento supino ¿coñeces a moitos catalans? para nada se creen nada, basicamente, porque moitos moitisimos catalans son fillos, netos de andaluces, extremeños, manchegos, asturianos e por suposto, galegos polo que teñen unha vision mais amplia e integradora da que amosas ti; reiteroche o dito o principio, amigo anonimo, documentate antes de falar dun tema e sobre todo, ten a hombria de poñer o nome e apelidos como fago eu, que seras igualmente ben recibido (RICARDO DOMINGUEZ)