19 de set. de 2012

FALECE RAFAEL BLANCO GUERREIRO CONCELLEIRO DO PSOE EN CAMBADOS

Agora mesmo, 18 h.,  acabamonos de enterar do fatal desenlace, o pasamento do concelleiro do PSOE de Cambados Rafael Blanco Guerreiro. Viña padecendo unha enfermidade da que nunca quixo facer publica e sempre o trataba de levar na mais absoluta intimidade. Rafa acababa de coller as rendas que deixara no PSOE Cambadés Domingo Tabuyo e estaba a facer un gran traballo dentro da corporación liderando o PSOE.
Os moteiros do Salnés tamén perden un gran organizador e un gran lider e como non tamén o Concello de Caldas onde facia unha gran labor como técnico. Eu coñeciao tanxencialmente, pero a raiz de entrar como concelleiro nesta lexislatura, no salón de plenos tocoume sentar mesmo o seu carón e entablabamos conversa enseguida chegando a coller certa confianza  e sempre comentabamos certos chiscarrilos que sucedian nos plenos. Realmente sinto a súa morte  e doulle dende este blog o meu mais sentido pésame a súa muller e a toda a súa familia. Descansa en paz compañeiro.



A NOVA EN "FARO DE VIGO"
O PLENO DA DESPEDIDA DE RAFA EN "FARO DE VIGO"
O PLENO DA DESPEDIDA DE RAFA EN "LA VOZ DE GALICIA"


4 comentarios:

OSCARMAN dixo...

O meu pésame á familia socialista de Cambados, e aos seus seres queridos.

Javier Varela Ruibal dixo...

Tiven a sorte de coñecelo e ser compañeiro del na ADR. Moitas grazas e todo o meu agarimo á súa familia.

Duarte dixo...

unha gran persoa da que sempre gardarei un grato recordo. O meu mais sentido pésame a familia e amigos.
JM Duarte

charo dixo...

Descansa en paz amigo!! grazas por facer de min unha persoa mellor