14 de set. de 2012

O CASO DO NACIONALISTA LOIS BAULO AMOSA QUE LUIS ARAGUNDE TEN DUAS VARAS DE MEDIR.

O caso que saltou a prensa estes días do simpatizante nacionalista Lois Baulo, que en case todos comicios axuda dunha maneira ou doutra os nacionalistas cambadeses,
amosa ben as claras que o noso Alcalde Luis Aragunde ten duas varas de medir moi diferentes. Unha para os que non “son da súa corda” caso do mozo Lois Baulo quen foi sancionado  por frear ás especies invasoras e darlle visibilidade a estrada cortando os "plumachos" da rotonda de Corvillón  e outra para os do Pinal de Maza.
Lois Baúlo, nun acto de civismo e deixadez do concello de Cambados decidiu acabar coa presenza dos "plumachos" .Os "plumachos" arxentinos ou herbas da Pampa son unha das especies invasoras máis daniñas que existen. Con todo, as administracións non teñen reparo en utilizala como elemento ornamental nas rotondas. Un veciño de Corvillón decidiu onte acabar coas que hai enfronte da súa casa, polo que foi multado pola Policía Local. 
Lois Baúlo, un veciño de Cambados, foi sancionado onte pola Policía Local con 80 euros. O motivo non foi outro que a decisión de cortar os "plumachos" arxentinos ou herbas da Pampa que se instalaron na rotonda que existe fronte á súa vivenda, en Corvillón. Baúlo, que é técnico ambiental formado en Lourizán, decidiu cortar os plumachos tras advertir ao Concello de Cambados dos problemas que causan este tipo de especies. Durante tres ocasións comunicoulle ao propio alcalde de Cambados, Luís Aragunde, a situación sen que se fixo absolutamente nada. 
Cansado de que se lle ignorase, onte decidiu cortar polo san, xusto antes de que a herba da pampa comece a soltar as súas esporas para reproducirse (sempre a finais do verán). 
Do mesmo xeito que Baúlo, son moitos os colectivos ecoloxistas que denuncian a proliferación desta planta que se utiliza ornamentalmente nas estradas. Un exemplo foi o propio Ministerio de Medio Ambiente que as retirou de Carreirón, na Illa, en 2010.
Namentres eso si o concelleiro do PP e o demitido delegado da xunta e novo candidato o parlamento de Galicia, teñen permiso do noso alcalde para cortar sobreiros, carballos, é dicir especies protexidas no Pinal de Maza que a estes non lle pasa nada, o contrario son premiados polo seu partido en postos de salida na provincia de Pontevedra para as vindeiras eleccións.  E despois temos que oir o ínclito do noso alcalde dicir que todos os cambadeses son iguis para él. Minte mais que fala o noso Alcalde.

1 comentario:

Anónimo dixo...

luisiño aragunde, das peniña en cantidade,multas un home por protexer o medio ambiente e faboreces a outros por destrozalo, saltandose todas as leys habidas e por haber, si usaras a mesma vara de medir,e aplicaras aley os teus jefes do pinal de maza arruinabalos tes mais cara ca corpo que xa manda carallo o quinto