17 de set. de 2012

O VINDEIRO XOVES, JORQUERA EN CAMBADOS


O BNG de Cambados xa comenzou a traballar de arreo nesta campaña electoral, a única candidatura nacionalista que se presenta a estas eleccións xa está mans a obra e así  o
vindeiro xoves 20 de setembro as 20.30 horas no Salón José Peña, terá lugar unha charla-coloquio organizada polo Bloque Nacionalista Galego, na que falarán o portavoz municipal Victor Caamaño, a cambadesa Montse Prado candida ao Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra e o candidato á Presidencia da Xunta de Galicia Francisco Jorquera. 
E a respeito da enquisa publicada fai uns dias  por La Voz de Galicia, hai que  concluír o seguinte
• Hai partido porque o Partido Popular está a perder apoios de forma acelerada e hai partido porque o 60 por cento do eleitorado potencial xa nos di a día de hoxe que non vai votar PP.
• O PP perde a respeito de 2009 o 3,3 por cento e, porén, sobe un escano. Isto débese exclusivamente á dispersión do voto na oposición. Isto explica o interese da dereita en fragmentalo aínda máis. Lembremos que Conde Roa acadou a Alcaldía de Santiago grazas a unha diferenza de 14 votos. Xa sabemos
cal é a estratexia do PP. A do BNG debe ser a contraria: a de concentrar o voto nacionalista e de esquerdas.
• Existen outros inquéritos, non publicados, que indican que o BNG está en moita mellor disposición do que indica a sondaxe de LVG. Indican que o BNG está forte e nun franco proceso de recuperación. 
Cumpre lembrar que nas pasadas eleccións xerais LVG prognosticou cunha sondaxe que o BNG perdería o escano de Pontevedra e retería o da Coruña a duras penas. A realidade desmentiu estes prognósticos e o BNG mantivo os dous escanos con moita folgura.
En definitiva, hai partido e a chave para derrotar o PP pasa por concentrar o voto nacionalista e de esquerdas no BNG, o voto útil para abrir paso a un cambio radical nas políticas face a crise e para avanzar cara á soberanía. É tamén a forza política que realmente está na rúa e que se mobiliza coa sociedade galega. É, portanto, a única forza que realmente lle incomoda aos poderosos e aos mercados.
O BNG é asemade a única forza que, defendendo políticas verdadeiramente alternativas e contrarias aos recortes, ten o seu centro de decisión en Galiza.




Ningún comentario: