1 de out. de 2012

“A CULTURAL É NOSA”

Isto é o que debeu pensar Luís Aragunde  e os seus acólitos a hora de confeccionar a lista de locais para celebración de actos de propaganda electoral para as vindeiras eleccións autonómicas pois como se pode ver no
B.O.P. de 17 de setembro pasado no que constaba o ofrecemento do local do seguinte xeito:
LOCAIS PARA A CELEBRACIÓN GRATUÍTA DE ACTOS DE PROPAGANDA ELECTORAL
Asoc. Cultural de Cambados rúa Nova nº 2, nos mesmos días; en canto as horas das 20:00 en diante: 300 persoas de capacidade.
Evidentemente traicionounos o subconsciente,  pois o presidente do cultural  e dos deles, a empresa que fixo a cultural é dos deles e eles, o dono da empresa que fixo a cultural é dos deles, Louzán é dos deles, eles se o comeron e guisaron na inauguración e claro como está feito con cartos públicos, aínda que quenes se beneficia é un entidade privada, pois non tiveron ningún problema e poñelo como un local público. Pero resultado que algunha mente preclara deuse de conta dentro de toda esta mediocridade, e o entorto foi resulto no B.O.P. do día no que a Xunta Electoral a instancias do concello manda retirar ese local dos ofertados, tres días despois o 20 de setembro
Alguén podía pensar que foi un fallo, pois non os locais de Cambados xa levan sendo os mesmos en varias eleccións e esta novidade foi moi rara, pero que moi rara. O que diciamos un “lapsus mental” de Luís.Por certo que outro día entereime que na Sociedade Cultural fixose unha despedida de solteiro  no salón principal con "girls", incluidas, non sabia eu que a directiva, tan puritana ela, permitira estas cousas.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Diñeiro público para Luisiño, dono da Cultural(el mesmo o pensa xa que en círculos achegados esí o dí)e vai Aragunde, outro Luisiño mais, e veña xa a dispor da Cultural para o que plazca.Ay, esí nos vai con esta tropa do carallo, ainda que todo mundo sabe como traballa esta xente e a maneira de atropellar os cidadáns ainda non vexo o coraxe necesario para mandalos a traballar de verdade e chimpalos politicamente FORA DO POBO.