22 de out. de 2012

ACTO VANDÁLICO NA PORTA DA POLICIA LOCAL DE CAMBADOS

Unha ou máis persoas atacaron a base da Policía Local de Cambados durante a pasada madrugada. Fixérono colocando unha bolsa do lixo cheo de papeis e de aceite de vehículos á que plantaron lume entre as 6,30 horas e minutos antes das 7.

A policía cambadesa non ten quenda de noite de luns a venres, e cando chegou un axente para empezar a xornada, ás 7 da mañá, a bolsa xa ardera practicamente por completo e o lume afectara á porta de acceso ao local e a unha parte da pedra do edificio.
Posteriormente, a Garda Civil de Cambados realizou unha inspección ocular no lugar, e ao termo desta apuntou que o máis probable é que o ataque estivese relacionado cun acto vandálico. A actividade da policía non se viu afectada, e desde un primeiro momento a tese que manexou con maior forza era a de que o sucedido foi obra duns vándalos.
Estes vándalos non saben que esto témolo que pagar todos os cambadeses, ademais de ser un acto detestabel.

Ningún comentario: