23 de out. de 2012

CARLOS MARTINEZ: “VALE MAIS UNHA CERVEXA QUE UN QUILO DE AMEIXAS”

UN DOS SECTORES MAIS PRODUCTIVOS DE CAMBADOS EN PLENA CRISE
Mariscadores de Cambados din que quilo de ameixa custa menos que unha cervexa.
Numerosos mariscadores á boia de Cambados  xa non saen ao mar, desesperanzados porque o prezo da ameixa caeu tanto que un quilo custa "menos que unha cervexa", segundo Carlos Martínez, presidente da Agrupación de Cambados.
Os prezos esborralláronse nas lonxas e son moitos os que renuncian a saír ao mar porque non lles compensa.
"O venres moitos non saímos a faenar porque gastamos máis en combustible, non compensa; o día anterior o quilo de ameixa chegou a pagarse a dous euros, vale máis unha cervexa. Isto é a ruína", dixo Martínez.
O presidente da Agrupación de Cambados considera que deben de adoptarse medidas "con urxencia", e cre que a solución "non pasa porque nos dean subvencións, como piden algúns; hai que pactar uns prezos mínimos; levamos anos sen coidar o mar e así nos vai", dixo.
Hoxe martes reunense os patróns maiores para buscar alternativas partindo dun documento elaborado pola Federación Galega de Confrarías. 

1 comentario:

MANUEL dixo...

Nunca me gustaron as comparativas nos prezos dos produtos primarios cos elaborados, como mariñeiro que son escoito esa canción moitas veces, pero dende que os políticos fixeran as primeiras disculpas dos aumentos referíndose a "si somente é o que vale un café" creo que non é de recibo pois entraríamos nun debate que quizáis sexa o que eles buscan. Tamén sei que Carlos o dí como referencia, nada mais. Creo, dende o meu punto de vista, que é o momento axeitado para empezar a pedir responsabilidades os que emporcan as rías, os ríos e ademais fan a vista gorda no control da importación do marisco deixando que esten no noso mercado artículos que son un peligro para a saude e un desastre para a economía do sector que de eso vive. Cono ben di Carlos o mar hay que coidalo, e si ademaís tes a facultade de poder abastecelo de cría, somente hay que vixialo e respetalo. En terra o mercado e fariña de outro costal, pero tendo unha agrupación e bo entendemento, xa que o problema afectalle a todos, tendes que daros conta de unha vez por todas que o produto traédelo vos e hay que marcar uns prezos mínimos para poder vivir dignamente, aparte de outras medidas de control que vos ven sabedes, pois coido que estades a facer unha boa labor dende a Agrupación de Rañeiros, ainda que teñades que esquivar pedras no voso propio camiño.Desexo que todo volva a normalidade canto antes pero non esquencer o que está a pasar.