20 de out. de 2012

UN HONOR SER DECLARADO PERSOA “NON GRATA “POLA ACTUAL DIRECTIVA DA CULTURAL.

Cando un amigo meu fíxome chegar a carta na que a cultural declárame persoa “NON GRATA” e me prohibía a entrada  a un  edificio feito  cos meus cartos , o primeiro que fixen foi botar unha sonora  gargallada( gargallada, quere dicir carcajada Luisiño) porque a cousa non era para menos. Despois de darme de baixa da Cultural fai uns dez
anos unha serie de “señores” encabezados por Luisiño o Ra (gran amigo meu), un familiar meu , de cuxo nome non quero lembrarme, Ricardo Dominguez traballador a soldo do concello e  que ten "bromeado" comigo nos pasos de peóns de diante do concello facendo que me atropelaba, Juan Silvoso do que son cliente habitual e a muller de Pombito, que en algúns medios é coñecida como a “Tacher” e que me serve semanalmente a miña cervexa preferida "Super Bock", entre outros, en reunión da directiva e en “aplicación estrita” dos estatutos da Cultural , viñéronme a declarar persoa “NON GRATA” e e prohíbenme a entrada na mesma, dez anos despois de habelo acordado eu  de “motu propio”. (Luisiño , de “motu propio” quere dicir porque me saíu dos huevos, dígocho, por se nón o sabias que é o mais seguro). 
Non me digades que non é para descojonarse de risa. A carta, que a podedes ver o remate deste artigo, e digna de publicar no “Jueves”, ou nunha revista similar. Non é de estranar este nomeamento dado o cariño e admiración que profesan estes  seguidores da ave que non é precisamente o Espírito Santo, que tamén,  senón outra ave  mais ben afeccionada a carroña. A emoción que os embargou cando estaban tratando o tema non lles deixou ver a verdade nun mar de néboa espesa sen un triste  faro de intelixencia que os alumeara. 
Cada vez que vexo a carta mais me desparafuso (desparafuso quere dicir  Luisiño "me destornillo") de risa, porque mira que son “cachondos”  os da directiva da Cultural pois declaran persoa “NON GRATA” a un pobre, honrado veciño que o único que fixo foi “ADULALOS” namentres fanlle asinar no libro de honra a todo un delincuente de “pescozo branco”, que roubou os cartos de moitos españoliños. Asinaría tamén Feijoo o xoves , moito non se diferencia de Mario Conde. Ben, espero parar de rir algún momento, pero cada vez que me lembro da cara dos directivos reunidos tratando o tema, sobre todo o do meu familiar,  e que non podo parar de rir. Como vedes non misturo moito isto coa política porque esta é unha cousa seria. Déixate de bromas Luisiño, o realmente grave e a quen habería de declarar persoas “NON GRATAS” neste concello é a uns impresentables que en cada comicio (comicio Luisiño quere dicir consulta electoral) van sacar os vellos da súas camas o asilo e lévanos a votar en contra da súa vontade, algúns incluso en estado de semiconsciencia. Sóache de algo isto Luisiño o Ra?. A toda directiva un abrazo defectuoso, en especial para o meu amigo Luisiño o Ra, que cando me ve sempre  ten longas conversas conmigo e non para de dicirme “para o ano deixo”, “para o ano deixo”, “para o ano deixo”. 



PD.- Desminto totalmente o de que houbera unha cea con “girls” na cultural, pois isto é un pecado moi grande, pero que moi grande. Perdón Luisiño por este atrevemento. Parafraseando a Galileo Galilei “Eppur se muove” (e con todo móvese, en galego) é a polémica frase que segundo a tradición Galileo Galilei pronunciou logo de abxurar da visión heliocéntrica do mundo ante o tribunal da Santa Inquisición. Neste caso habería que dicir “En sen embargo bailaron”. 
Outro dia contestarei mais en serio a este despropósito de carta.
Por certo señores as súas ameazas, realmente ma sudan, cando queiran vemonos nos Xulgados.


1 comentario:

MANUEL dixo...

En caso de ir o Xuzgado, conta conmigo como testigo do que faga falta, a eses hipócritas e aproveitados hay que poñelos como son ante a sociedade.