25 de nov. de 2012

A PARTIR DE MAÑAN XA PODEMOS ESCOITAR RADIO SALNÉS

A radio local inicia mañá  luns unha nova etapa cunha completa programación.
A emisora  empeza este luns unha nova etapa no dial 107.9 da FM onde a
programación local e comarcal será o fío condutor da oferta radiofónica. E é que o acordo alcanzado entre o Concello e a empresa especializada en comunicación Iniciativa Galega de Comunicación SL, encargada do proxecto, dá continuidade á radio como servizo público para os cambadeses e con proxección comarcal para toda O Salnés. 
Carlos Vieites, outros dos
que se involucra neste
marabillso proxecto
A grella irase implementando paulatinamente coa información e o entretemento como eixos centrais da súa programación, usando o galego como lingua vehicular, respectando o uso do castelán para o que prefira empregalo. 
Segundo fontes municipais, a oferta de programación local comezará ás 10 horas co magazine “Arousa Día a día” que terá entre as súas seccións máis destacables unha dedicada ao emprego no Salnés, onde diariamente se achegarán os oíntes con ofertas laborais de interese. Tamén terá entrevistas de actualidade social, cultural, económica e política e fomentarase a participación cidadá mediante a posta en marcha de conexións na rúa. Ademais, cada hora emitirase un informativo de ámbito provincial e autonómico e ás 14 horas haberá un boletín local e comarcal diario que enlazará ás 14:30 horas con outro xeneral. 
A programación deportiva local e comarcal tamén terá un espazo propio dunha hora diaria (de 15 a 16 horas) con especial atención aos equipos do Salnés e a todas as disciplinas deportivas que se practican en Cambados e a zona de influencia. 
Pola tarde emitirase un magazine vespertino (“Ao fondo á esquerda”, nome que fai referencia á oposición de Radio Salnés no dial 107.9), onde se dará protagonismo aos colectivos da comarca. 
Os coordinadores queren facer unha radio próxima aos veciños, dinámica e participativa, mediante conexións na rúa que faciliten a relación entre a emisora e os oíntes. Rexerase polo principio deontolóxico da profesión xornalística e terá unha clara vocación de servizo público e defensa do interese dos veciños. “Sensible coa realidade social do noso país e en galego”  e un medio de promoción “exterior dá imaxe de Cambados e toda Arousa-Salnés” . 


Ningún comentario: