22 de nov. de 2012

CAMBADOS NO RECORDO: SANXENXO E CAMBADOS, NA III VOLTA A CICLISTA A GALICIA

En marcha acentuada e entusiasmada a organización  da Pontevedra da III Volta Ciclista a Galicia, dous pobos destacan  polo seu entusiasmo e a súa capacidade e conta cunha
afección que xa en outras ocasións soubo decirnos do que era capaz. Cambados e Sanxenxo.
1ª  Volta a Galicia.- Selección de Pontevedra. de esquerda a
dereita: Argimiro Blanco, Modesto Sánchez, Cándido
Sánchez, Isidro Lago e Constenla.
Estes dous pobos da nosa costa, puxasntes e de nobles aspiracións, están chamados a desempeñar un posto importante na organización da nosa etapa. Neles, existe un ambiente grato e prometedor e sabemos que os sesu afeccionados máis destacados,  tomaron como preocupación verdadeira, a súa labor  en canto a colaboración co Comité Técnico de Pontevedra en pro do éxito máis firme da organización que lles corresponde.
En Cambados, figuran a fronte, dous afeccionados de gran prestixio e entusiasmo, que son Miguel Palacios e Atilano Sánchez, pola súa mediación contamos xa cunha importante prima en metálico e das suas importantes xestións ainda se espera mais, e igualmente en canto a organización técnica se refire.
Tamén en Sanxenxo atópanse Manuel Jabois e Aurelio Sánchez, outro da gran estipr ciclista gaslega,  os cales tan pródicos de entusiasmo e boa vontade, son para nós outra garantía a prol do mellor éxito da súa labor, na que comezan, entre outros importantes datos, conformándonos a concesión de varias primas en metálico.
Modesto Snachez Alba.
De Sanxenxo, o mesmo que de Cambados, esperamos moito e temos razón para elo, porque son pobos de gran afección e entusiasmo  e porque saben medir a importancia dunha proba da categoría e siginificación desta III Volta Ciclista a Galicia.
Publicado no Diario “Ciudad” de Pontevedra , o luns 15 de outubro de 1945.

Ningún comentario: