25 de nov. de 2012

FAUNA CAMBADESA: O “BENITUS PELEXÓN”( POR RICARDO DOMINGUEZ REY)

      Hoxe, queridos amigos, quería falar de zooloxía, mais, concretamente,  describirvos unha ave, un paxaro de mal aguero, que,  un mal dia, para desgraza do resto das aves
mariñas,  posouse no tellado da cofradía e,  a pesar dos intentos por espantala, non hai forma de que se vaia volando. 
      O “Benitus Pelexón”  en unha mestura de varios paxaros,  está emparentado co voitre pola súa  afección aos desfeitos e á carroña, tamén ten algo de corvo por aquilo de que como te descoides te comerá os ollos, algo de galo de curral, o cal,  “sempre pensa que amañece por que canta el (refraneiro popular)” e pola súa tendencia a “pavonearse”; pero, dende logo,  se hai dous paxaros cos que  está emparentado son o cuco e o papamerda – palanquín. 
      Como todos sabedes o cuco non fai niño senón que pon o ovo nos niños de outras aves, de forma que,  cando o pito de cuco nace, instintivamente,  comeza,  coa espalla a botar fora do niño o resto dos ovos,  quedando el como único beneficiario do alimento que, inicialmente,  estaba destinado a outros. Cando o “Benitus Pelexón”  chegou voando ó tellado  da cofradía, viña acompañado de outras aves,  mais nobres, pero, como o cuco, empezou a desprazalas pra facerse ó único dono do niño. 
      Tamén diciamos que o “Benitus Pelexón” está emparentado co papamerda- palanquín (Págalo Parásito en castelán) unha ave (emparentada coas gaivotas) que  non dubida en atacar a outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas. 
      O “Benitus Pelexón” é unha ave covarde, polo que,  unha vez que se posou no tellado da cofradía, buscou aliarse con outras aves do seu entorno, e, tras analizar o terreo, fíxose amiga da “gaviota chorona” ou “gaivota do PP”  que ten o niño no tellado do concello, coa cal,  é frecuente atopala,as dúas  xuntas  co ó buche ben alto, con aires altivos,  e mostrando os seus mellores plumaxes.  
      O “Benitus Pelexón” intenta ser o líder, o macho alfa  das aves mariñas, aínda que, cada vez mais as aves mariñas o rexeitan, no recoñecendo o seu liderado xa que fai tempo que esta ave non molla a pluma para procurarse o seu sustento. 
      O hábitat natural por onde poderemos observar a este paxaro é moi variado  pero,  sobre todo, polas rúas de Cambados, no verán picoteando  nas terrazas da rúa Real, nas distintas casetas que a tal fin se montan na festa do albariño ou pola “Ribeira de Fefiñans”,  a súa alimentación é moi variada: “pulpo a feira, churrascadas,  centoladas e sobre todo, é unha ave gran catadora de albariños e  “gin tonics”, aínda que tampouco lle fai ascos ós “Ribera del Duero” a súa capacidade para absorber todos estes líquidos é mítica, entón é cando saca o seu lado mais divertido e transformase nun papagaio do mais gracioso. 
      Para rematar se vos atopades  con esta ave,  observala con coidado, é moi nerviosa e, en seguida, pode sentirse “acosada”. 
      Un saúdo a todos.                                       
      RICARDO DOMINGUEZ REY

      
      Nota: o autor quere agradecerlle ao seu irmán  Manuel Domínguez o asesoramento ornitolóxico para a realización de este artigo. 
             

NOTA DO ADMINISTRADOR: Todo parecido coa realidade é pura coincidencia.

Ningún comentario: