10 de nov. de 2012

MON DAPORTA, UN XENIO DO ENSINO, XUBILASE.

A veces cando un admira tanto a unha persoa, quere dicir tantas cousas dela e tan bonitas que parece que, como dicimos en Cambados, estalle a facer a valixa (pelota). Pero o caso de Mon Daporta sáese de todo o normal. Coñezo a Mon fai moitos anos, por por ser debuxante, por ser futbolista, por ser un dos grandes valedores de Unha Grande Chea, por ser do BNG, por ser escritor, por ser un gran amante dos animais, por ser unha gran persoa…en fin por ser  moitas cousas, pero sobre todo por ser mestre. Por ser un mestre con maiúsculas, por ter o ensino como o seu gran mundo e ter un adicación o mesmo fora de toda dúbida, e non solo nas clases, senón fora delas comprometendose en todo e para todo para  os centros
nos que estivo , sobre todo onde pasou gran parte da súa vida o Colexio de Santo Tome para  fora un dos mellores centro e abofé que o conseguiu. 
Coñezo  e falo con moitos mestre, pero non coñezo a ningún que  me dixera nunca  nada negativo  deste gran profesional do ensino. Pero se hai unha calidade a destacar de Mon é a súa modestia, nunca quixo destacar en nada, sempre quere estar nun segundo ou a veces nun terceiro plano.  Entre as múltiples facetas deste xenio cambadés está a do debuxo, e foi el precisamente o creador do famoso escudo de Unha Grande Chea, que tanto e tanto dou de falar. Lémbrome que sempre falabamos de nomealo chalequeiro desta asociación e el nunca quería, a te que un ano tivemos que levalo pouco menos que enganado para facerlle tal distinción. Estou seguro que moita xente en Cambados, non sabe que se xubilou, estou seguro que él non llo dixo a ninguén, pero eu dende este modesto blog quero pregoar os catro ventos que se foi do ensino un "monstuo", un xenio, e sobre todo unha gran persoa. Xúrovos que é moi pouco o que digo de Mon para  o que se merece este home, foise tan paseniño que non quixo xantar de despedida, que doutra banda seria o mais normal, senón que só lle admitiu xogar un partido de futbito con algúns amigos como facía no equipos equipos de fútbol sáa que militou o Colectivo Albariño e a Selección de Portugal e logo ir tomar un churrasco  . Non é cuestión de glosar aquí as súas obras porque as tedes en internet, algunha delas escritas conxuntamente co súa inseparable amiga, compañeira e muller Adela Leiro. Un abrazo Mon e toda a miña admiración que é moi pouca para o que ti realmente vales.



Primeiro ano de Unha Grande Chea, mon ia disfrazado de bombilla.(1985)

Selección de Portugal - Colectivo Albariño, Antroido de 1986.

Antroido de 1989 , partido curas contra frades, Mon de porteiro.

Formando parte da Selección de Portugal (equipo de futbito mítico en Cambados)  en 1991 


Mon facia todos os monecos do enterro da saridña organizados por Unha Grande Chea, este foi sen dúbida o mellor, o camello de 1992.

Cos Veteranos do Cambados en 1998.


Dominguez, membro destacado de Unha Grande Chea nomeo chalequeiro no 2009.
No ano 1987 nace este excepcional escudo de Unha Grande Chea, confeccionado por Mon, paradiando e burlándose do antiguo escudo do rexime. Para min on dos seus mellores debuxos.








4 comentarios:

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Rocio Fernandez Rodriguez: veras choni eu quixera decir algo fermoso de Mon pero non me chegaria este cuadro pra falar de Mon e da sua familia eu quero moito a Mon el e o meu padrinho eu dormia con el con as suas irmans mentres os meus pais traballaban como burros comia na sua casa era mininheiro que che podo decir ahi que vivilo mais creo que a xente deberia empezar a valorar a o meu MO non so como mestre sinon a persoa .A MEU PADRINHO E PROFESOR QUE TE QUERO E QUE TE DEXEXO O MELLOR POR QUE O MERECES UN BICO
hai 17 horas · Gústame

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Juan Carlos Durán Fariña, dixo: Bonitas e moi merecidas verbas para o meu mestre e tamén o da miña irmán,os meus sobriños e moitisimas xeracións mais que so podrían ter para el palabras de agradecemento.Un abrazo moi forte e os mellores desexos nesta nova etapa!.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Cristina Acha, dixo: Quero decir q foi un dos mellores profesores que tiven.
Ahora a disfrutar,q o mereces despois de aguntarnos a todos.
Un biko moi grande

A TI MEU CAMBADOS dixo...

MONTSE ROMERO DIXO: Chámome Montse e nunca antes fixera un comentario no blog ainda que o leo con bastante frecuencia. Estar fora de Cambados, ainda que non moi lonxe, invita a saber ainda máis o que pasa na miña vila.
Escribo para falar de Mon, o meu profesor de naturales alá polo 90, e o da miña irmá (maior ca min)!! Xa choveu, mi madriña!!
Como me gustaban as suas clases!Como aprendemos todas as árbores do colexio a base de traballos, como nos ríamos, como nos castigaba fora da clase, como algún levaba un tirón de orellas máis que merecido... E así mil e unha anecdotas...
Pero teño que dicir que como persoa non hai palabras para describilo.
Desexolle os meus mellores desexos e que disfrute o máximo!!!
Un bico enorme!