27 de nov. de 2012

O BNG DE CAMBADOS É A UNICA FORMACIÓN POLITICA QUE DEFENDE A ALFAGEME.

VICTOR NO CONCELLO E MONTSE PRADO NO PARLAMENTO DE GALICIA PRESENTAN SENDAS MOCIÓNS NA SÚA DEFENSA.
As mulleres de Alfageme teñen claro que o BNG é a unica
formación politica que mira pola defensa dos seus intereses, así acabamos de coñecer por medio do blog de BNG de Cambados, que Victor Caamaño ven de presentar  no Concello da localidade a seguinte moción:
"MOCIÓN PARA ESIXIR A IMPLICACIÓN DIRECTA DO CONCELLO DE CAMBADOS NO PROCESO DE RESOLUCIÓN DO CONFLITO DE ALFAGEME E ESIXIR RESPONSABILIDADES 
No seu día, no pleno ordinario do día 27 de outubro de 2011 o concello de Cambados comprometeuse coas  traballadoras e cos traballadores de Alfageme apoiando unha moción presentada polo grupo municipal do BNG na que se solicitaba o apoio institucional do noso concello para asegurar a continuidade dos 150 postos de traballo do Grupo Alfageme.  
 Dita moción, aprobada por unanimidade, contemplaba o seguinte acordo: 
“Que o Pleno desta Corporación inste á Xunta de Galiza a que con urxencia adopte as medidas precisas para manter os 150 postos de traballo na nosa Comarca que é unha das máis castigadas polo desemprego”.      
Naquel momento diciamos que “A conserva, como industria de transformación dos produtos do mar, debe ser un sector estratéxico do emprego e da economía galega. Desta industria dependen un gran número de postos de traballo directos e indirectos no noso concello e na comarca do Salnés. É por isto que a Administración debe facer todo o posible para a supervivencia dos postos de traballo neste sector xa que son imprescindibles para o noso desenvolvemento económico.
      Desde hai tempo, somos coñecedores da grave situación que están a pasar os/as traballadores/as da conserveira Alfageme debido á ameaza de peche das súas plantas. Levan loitando incansablemente hai máis de tres anos pola defensa dos seus postos de traballo. O “Consorcio Conserveiro” comprometíase a facerse cargo das plantas de Alfageme e manter todos os postos de traballo. Mais cando semellaba que se acadaba unha solución hoxe todo volve a estar nunha situación de máxima gravidade.
      Desde o principio do conflito os/as representantes das traballadoras mantiveron contactos cos alcaldes e alcaldesas e denunciaron a situación pola que está a pasar a empresa. Conseguiron os apoios de todos e todas elas. Hoxe podemos afirmar que eses apoios non serviron para nada. 
É por isto que propoñemos novos pasos que conleven a implicación directa dentro das competencias que ten o concello. Por isto non é o momento de máis compromisos baleiros. Estamos todos cansos das mentiras e dos incumprimentos. 
É por todo isto polo que o Bloque Nacionalista Galego solicita do Pleno da Corporación  a adopción do seguinte 
ACORDO
1.- Instar aos concellos veciños, con factorías do grupo Alfageme para que tomen o acordo de non recalificar os terreos, onde se encontran estas plantas conserveiras, para non permitir ningún tipo de especulación cos mesmos.
2.-  Esixir a dimisión de todos aqueles cargos políticos implicados neste proceso por prevaricación e engano, comezando polo conselleiro de industria como máximo responsable de que nos atopemos nesta situación."
Pola súa banda a Parlamentaria cambadesa do BNG Montse Prado, está xa a traballar  de arreo, non coma outros que anda a rir coma parbos pola rúa,  e presentou duas mocións a prol de Alfageme,  que podes ver premendo AQUI.

Ningún comentario: