O vindeiro 1 de Decembro no Restaurante Forniños de Corvillón Cambados, terá lugar unha cea ás 10.30 da noite na que poderán asistir a ela todos os quintos de 1971, os que se queiran anotar que chamen o telefono 648683266 para revivir
aqueles intres en que uns mozos inberbes entraban a prestar o servizo militar.
aqueles intres en que uns mozos inberbes entraban a prestar o servizo militar.
Joaquin Fole, alcalde de Cambados, con Cunqueiro.
Nacia en Cambados nese ano o actual alcalde da vila Luis Aragunde Aragunde (para desgraza dos cambadeses) . O 19 de de Xaneiro celebrabase en Villafranca o irmanamento do Albariño co Penedés. O presidente do Centro Galego de Barcelona representa a Cambados.
Actúa na Festa do Albariño o Ballet galego Rey de Viana, unha actuación de categoria internacional que supón un paso adiante da festa que ata entón so organizaba as tradicionais verbenas populares. O arquitecto Jacobo Losada Trulock deseña o esbozo do escenario que debe erixirse para acoller tan magna coreografia.
Nomease cabaleiro do Albariño o expresidente argentino Juan Domingo Perón, acompañado da súa segunda muller Maria Estela, que tamén seria presidenta. Nos trofeos do ciclismo destacan nomes como Alvaro Pino e Modesto Snachez en infantís ou Blanco villar e Marcos Serrano, ciclistas todos eles no futuro de altísimo nivel. O cartel do Albariño corria a cargo ese ano do recetemente falecido Ernesto Losada "Lele".
A CONTINUACION O QUE PASABA NO ESTADO ESPAÑOL EN 1971
Formación do Cambados Ano 1971.- De pe de Esquerda a Dereita: Nito Millán, Maio, Giraldez, Pillado, Rori e Laya. Agochados: Neno, Eloy, Agra, Ramoni e Chatarra.
Xuvenís Cambados 1971: Pillado, Nardo, Tito, Suso, Sito, Diego, Galiñanes, Toñito Rey, Carmelo, ......., Alejandro, Eusebio,, Roberto
RADIO
- José María García, "o Butanito", comeza a súa participación na radio
- En España triunfa "Simplemente María", a última radionovela de éxito.
TELEVISIÓN
- Estréase na serie documental de TVE "Los Españoles" de Jesús Fernández Santos
- Estréase na serie de TVE "Ritos y geografia del Cante" de Mario Gómez / Pedro Turbica
- Estréase na serie documental de TVE "Íntima Harmonía"
- Estréase a serie de TVE "Crónicas de un pueblo"
- Estréase en España a serie de tv "Centro Médico "
- Estréase en España a serie de tv "Los dos Mosqueteros "
- Estréase en España a serie de tv "Los Persuasores" -
- Estréase a serie de dentro do espazo titulado "Novela" de TVE"
Los tres mosqueteros " con Sancho Graza
- Programa de éxito de TVE "Un Millón para el mejor"
MÚSICA
- Nino Bravo empezaba a cultivar éxito logo da canción "Te quiero, Te quiero"
- Aparece a nova Música Galega
Joaquin Rial era un rapaz de case dous metros que se preparaba para ir a mili.
en Eurovisión- 2º lugar
- Camilo Sexto empeza a súa andaina musical no conxunto "Los botines"
- Grávase en Milán o disco de Serrat "Mediterráneo".
- Cecilia grava o seu primeiro disco aínda que seria o terceiro LP coa canción "Un ramito de violetas a que a consagraria no mundo da canción.
- John Lennon grava o seu "Imaxine".
- Paul McCartney, Georges Harrison e Ringo Starr inician a súa carreira en solitario.
Os irmans Sanchez despuntaban no ciclismo sobre todo Modesto.
- Canción de éxito "O Lute" por Boney M
- Canción de éxito "Oh mamy" polos Pop Tops
- Canción "Borriquito como tu" por Peret.
- O álbum Led Zeppelin IV cultiva un gran éxito
Perón recibia no Parador o titulo de Cabaleiro do Albariño.
- Morre Jim Morrison vocalista The Doors
- Morre Louis Armstrong
CINE
- Estréase "Mi querida señorita" protagonizada por José Luís López Vázquez
- Estréase a película "Adios cigueña, adios" de Manuel Summers
- estréase a película "La Garbanza Negra" con Tip e Coll
- Estréase en EE.UU "Veráno del 42" de Robert Mulligan
- Estréase a película Love Story no Palacio da Música de Madrid
MODA
- Chega a moda do mini short, pantalón curto para a muller
- Carrillo debuxa algúns episodios de Rex dos mares do Sur para os extras de verán
de Tío Vivo e do DDT
- Expediente á Revista "Triunfo". O Consello de Ministros, presidido por Franco, aproba unha proposta do ministro de Información e Turismo, Sánchez Bela, pola que se abre expediente de sanción á revista "Triunfo". A resuloción supón o peche da revista durante un período non inferior a catro meses e a aplicación dunha forte multa.
- Multa de 250.000 pts.ao director do diario Madrid por un artigo titulado "Nin goberno, nin oposición".
CULTURA
- A Universidade. Resistencia Cultural Antifranquista nos 70
- Pablo Neruda gaña o Nóbel por "Vinte poemas de amor e unha canción desesperada".
CIENCIA E TECNOLOXÍA
- Un inventor de Los Ángeles (EE.UU.) inventa o teléfono portátil
- Tres astronautas soviéticos da nave Soyuz 11 falecen na súa cápsula espacial tras o regreso á terra
- Lanzamento do Apollo XIV -
- Pedro Carrasco Campión do Mundo dos Pesos Lixeiros
- Luís Ocaña perde o Tour de Francia ao caerse nunha das últimas etapas.
- O combate do século dese ano foi o protagonizado por Mohammed Alí e Joe Frazier. O ex-Cassius Clay perdería aos puntos tras os quince asaltos
- Morren 66 persoas en Glasgow ao ceder unha varanda do estadio do "Celtic" pola presión dos espectadores
- Gento despídese do Real Madrid
MOTOR
- Aparece o coche Seat 124 Sport
- A gasolina súper estaba a doce pesetas e cincuenta céntimos por litro
SOCIEDADE
- Eleuterio Sánchez, "O Lute", fóxese do penal de Pto. de Santa María (Cádiz).
- Aparece o predictor, inventado nuns laboratorios de ingleses
- Estréase en Brodway "Xesucristo Superstar"
- Voda de Xullo Igrexas con Isabel Preysler.
- Aparecen as enigmáticas "caras de Bélmez",
POLÍTICA
- Hai unha amnistía limitada en España para algúns presos
COUSAS ENTRAÑABLES
- O Cine Exin convértese no xoguete estrela dos nenos
- Os porteiros automáticos substitúen ás entrañables porteiras, auténticas biógrafas da escaleira dos inmobles
Ningún comentario:
Publicar un comentario