6 de nov. de 2012

UN VECIÑO DE CAMBADOS SÁCALLE AS CORES A LOUZÁN NO PROGRAMA “LA OPINIÓN”.

Coido que a maioría de vos coñecedes o programa de Radio “La Opinión” que emite Radio Pontevedra, da Cadena Ser. Aquí queria facer un pequeño inciso, é curioso o desta emisora
cando a oes a nivel estatal ou nacional, estas a oir unha emisora progresista, iso si cada vez menos,  e que paga a pena oir entre as que existen no dial, pero unha vez comeza a programación a nivel provincial pega un cambio de rumbo politicamente falando que é escándaloso. 
Pois ben cada quince días e coincidindo en lúns,  o ínclito presidente da Deputación Sr. Louzán, ten un programa para el só e feito a súa médida, a maioria das chamadas , casualmente son para darlle as grazas polo ben que o fai etc, e de vez en cando soltan algunha chamada para desimular, unha destas, onte foi precisamente dun veciño de Cambados, quen apresurado na fala, pois senón non tes tempo para nada, sacoulle as cores a Louzán, dixolle que as deputacións non servian para nada agas para “enchugar a achegados”, e que usaba os cartos non se sabe moi ben con que criterios e así, denunciaba este veciño que en Ribadumia teñen beirarrúas e sitiós incluso onde non fan falta. semáforos  a "mogollón" (Ribadumia é a patria chica de Louzán), mentres que no centro de Cambados e nunha das ruas mais transitadas por veciños e turistas, a Avda da Pastora, en pleno centro de Cambados e camiña das famosas Ruinas de Santa Mariña, non ten beirarrúas. 
Louzan que en principio larga o mesmo rollo de que Aragunde é moi bo chaval e ten moitos apoios etc. , (invitamos a ver alguns destes apoios, e nunca tan ben dito o de apoios,  no video da columna de dereita, por certo un video que descubre as vergoñas dos nosos gobernantes e que xa a acadou mais de 40.000 visitas quen en you tube e igual que dicir 40.000 persoas).  Logo non tivo mais remedio que darlle a razón o veciño e dicirlle que falaria con Aragunde para tratar de poñer esa rúa dirección unica e poñer beirarrúas.
Ai que “DEMO” de veciño.

Ningún comentario: