23 de dec. de 2012

¡¡¡ÁS BARRICADAS!!!

"Ás barricadas" é o título co que se coñece unha das máis populares cancións relacionadas co anarcosindicalismo de España durante a Guerra Civil. É tamén o himno da Confederación Nacional do Traballo.  O pasado xoves 20 de
decembro Faro de Vigo publicaba unha nova para min moi inquietante a vez que esperanzadora o titular desa nova era “Os afectados polas preferentes vaticinan un estallido de violencia se lles obrigan a aceptar a quita”. 
E eu  diria mais e se este estallido de violencia se “contaxiara” o ensino, a sanidade, os funcionarios publicos, os parados de longa duración, os xubilados, os empregados todos e o pobo en xeral. Seria esto violencia, preguntolle eu o que redactou a nova en Faro de Vigo,  ou seria XUSTIZA?. Decia Perón “A violencia de arriba enxendra a violencia de abaixo”, e engadia “ A violencia en mans do pobo non é violencia, é xustiza”. Non que eu estea moi dacordo coa filosofia peroniana pero si estou dacordo 100% con esta derradeira frase. Pregunto, non vai sendo  hora que  o pobo reclame xustiza?, pois os nosos gobernantes só se dedican a facerse ricos, e facer mais ricos os ricos. Non vai sendo  hora de que o pobo pense por se mismo e se revele contra todas estas inxustizas?. 
Non me estrana   que colectivos como os das preferentes despois de ser roubados como foron, despois de que as autoridades miren para outro lado queiran aplicar outra forma de actuar, e eles parece ser que a queren levar a cabo. Non  está xa ben de masacrar o pobo en todos os sentidos?, xa está ben de enganar o pobo, xa está ben de que mexen por nos e que digamos que chove, xa está ben de tanta burla e tanto aldraxe.  Non é hora xa de revelarse contra a inxustiza?, Non é hora xa de revelarse contra os que nos gobernan?, algúns pensan que hai que  revelarse,  xa é hora de ir “As barricadas”. “Dunha sociedade cuxos subditos non empuñan as armas, porque son presa do terror, non cabe dicir que goce de paz, senón máis ben que non están en guerra. 
Polo demáis, aquela sociedade cuxa paz depende a inercia duns subditos que se comportan como gando, porque só saben actuar como escravos merecen mais ben o nome de soidade que de sociedade”, dicia Baruch Espinoaza alo polo mil seiscentos e pico. Non creedes que é hora de sinalar e botarlle as culpas da mala situación na que está o país os que están no goberno e sobre todos os que os apoian publicamente?, Non é  hora de decirlles na cara “Pola tua culpa estanme a roubar”  os mesus cartos, ou os meus dereitos, oa amiña educación, oa miña sanidade?  
Algúns pensan que están en definitiva a roubarnos o noso estado de benestar e as nosas vidas, e hora, segundo estes colectivos de sinalalos pola rúa como os culpables dos nosos males e loitar, loitar coas armas que teñamos a man contra esta prostituida sociedade. O outro dia no Pleno do concello de Cambados, o Alcalde Luis Aragunde falaba con tal desprezo de Lois Baulo, a preguntas de Victor Caamaño, voceiro do BNG, ese rapaz que unha entidade bancaria lle roubou 60.000 euros no “choio das preferentes”e se espiu no concello e na Caixa onde durmeu varios día sendo visitado polo propio Victor, que a min doume vergoña. E tal a desesperación de esta xente e doutras xentes que non é de estranar que rompa no nosa soidade un estallido de violencia contra os nosos gobernantes, a min non me estranaría nada. 

ASÍ FALABA LUIS ARAGUNDE DE "ESTAFADO" LOIS BAULO.



Video recollido de www.cambados.tk



Asi di
AS BARRICADAS
Negras tormentas axitan os aires 
nubes escuras impídennos ver 
Aínda que nos espere a dor e a morte 
contra o inimigo chámanos o deber. 
O ben máis preciado 
é a liberdade 
hai que defendela 
con fe e valor. 
Alza a bandeira revolucionaria 
que do triunfo sen cesar lévanos en pos 
Alza a bandeira revolucionaria 
que do triunfo sen cesar lévanos en pos 
En pé o pobo obreiro á batalla 
hai que derrocar á reacción 
¡Ás Barricadas! ¡Ás Barricadas! 
polo triunfo da Confederación. 
¡Ás Barricadas! ¡Ás Barricadas! 
polo triunfo da Confederación. 







1 comentario:

MANUEL dixo...

O outro día miña inmán foi testigo en Nova Caixa Galicia banco da situación peculiar de este señor, e cando me contou a situación non tuven outra palabra que "fillos de mala nai" para todos os empregados da entidade bancaria, pois ante a actitude de desesperanza e indefensión que conduce a reaccións límites no comportamento humano, a reacción de estos empregados eran as risas e a burla soterrada a contemplar a desnudez de unha persoa que non sabe a quen acudir nin que facer con quen lle roubou os seus cartos. En outro "pais" estes roubos serían o final de esas persoas "responsables" do diñeiro dos demais que lle dan de comer. En este pais "esas persoas responsables" estan seguindo percibindo soldos monstruosos e seguense a rir dos paspallás. A nosa sociedade está PODRE DE VALORES, estamos a esperar que o veciño fique para ser menos a repartir. Estase a cociñar algo gordo, non sei o tempo de fervura que lle fai falta para que esté a punto, pero o que si teño claro é que esí non vamos a ningún lado, e a este tipo de gobernantes hai que poñelos entre catro paredes por levar a sociedade a donde nos están levando, un país donde a xuventude(O FUTURO) ten mais dun 60% de paro, e un pais donde os piláres básicos e os poderes do estado estasen a tambalear. DE PENA.