16/12/2012

AS MIÑAS CONDOLENCIAS A PONTEVEDRA


POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Hoxe é un dia triste pra a democracia, triste pra os que, como eu, creemos na democracia, na verdadeira democracia e nos verdadeiros políticos, políticos honestos e honrados que
contribuían e loiten realmente polo  mellor para o seu pais, e non  polo seus intereses persoais.   
      Hoxe levanteime lendo na prensa que Tourís repetirá como delegado provincial da Xunta na provincia de Pontevedra despois de que,  apenas fai dous meses,  sairán a luz unhas gravacións que o relacionaban co cobramento dunhas comisións ilegais en relación cunhas obras realizadas en Cambados.  
      Evidentemente como todo cidadán, Cores Tourís ten o dereito á  presunción de inocencia que recolle noso ordenamento  xurídico e , seguramente, ao final non se lle imputará  delito algún  en relación con este asunto pero dende o punto de vista moral e social, sempre quedará a dúbida entre unha  poboación que,  cada vez mais  (e sobre todo en tempos de crise), non se ve representada polos seus políticos. Ademais a actitude do “suposto” alcalde de Cambados, Luís Aragunde, negándose a que se constituíse unha comisión de investigación, como reclamaba a oposición, tampouco deixa en bo lugar nin a un nin a outro. 
      Aínda que isto non nos debía de sorprender a estas alturas da película, Luís Aragunde é, dende que tomou posesión do cargo,  un “alcalde de palla”, un “pelele” que fai o que lle manda o seu amo e señor,  que non é outro que o propio Tourís, e, loxicamente nunca morderá a man de quen o puxo aínda que fose so  pra figurar. 
      Cores Tourís sempre defendeu a súa inocencia, negando totalmente todo o que recollía as gravacións; non serei eu (Deus me libre), o que lle diga a Tourís o que ten facer, pero se a min, me houbesen acusado do que o acusaron a el, ao dia seguinte comparecería ante a prensa (e non mais dunha sema despois) pra defender dita inocencia  e anunciar a inmediata interposición dunha querela por calumnias; outra cousa é deixar correr e pasar o asunto, como se non houbese ocorrido nada, en fin,  os seus motivos terá.
      Cores Tourís é un malo, malísimo político, non porque non teña aptitudes pra desenrolar este ou calquera  outro cargo político, senón polas súas actitudes, actitudes que xa amosou  cando era o  rexedor “oficial” de Cambados, o tratar ó concello coma a súa finca ou (o que é peor)  como a finca particular do PP, iso , dende logo foi o que mellor lle ensinou ao seu pupilo Aragunde. 
      Se o propio delegado provincial da Xunta en Pontevedra, en vez de dar exemplo, é o primeiro que se salta a Lei, como o fixo no tema do Pinal da Maza, ¿con que autoridade pode pedirlle a administración  a un cidadán  de Cambados, de Poio ou de Porriño que cumpran cos todos os permisos a hora, por exemplo, de realizar unha obra. 
      Sinceramente que Xosé Manuel Cores Tourís  e, tamén  ( porque non dicilo), Rafael Louzán sexan os dous máximos representantes da provincia, non deixa en bo lugar a Pontevedra e, simplemente, desexo que algunha vez os pontevedreses teñan políticos que de verdade os representen.        

         UN SAUDO A TODOS. 
                RICARDO DOMINGUEZ REY
  

Ningún comentario: